Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

AVISO: Nova versión da Plataforma GaIA eResiduos (Versión E3L 3.4)

Data de publicación: 24.03.2022

Descrición:

Hoxe, 24 de marzo, púxose en marcha unha nova versión da Plataforma GaIA eResiduos.

Esta versión do módulo de eResiduos é o resultado da adaptación da plataforma aos novos LER creados pola actualización das seguintes normativas sectoriais, e en consecuencia, á linguaxe informática E3L versión 3.4.:

-              Real Decreto 27/2021, do 19 de xaneiro, polo que se modifican o Real Decreto 106/2008, do 1 de febreiro, sobre pilas e  acumuladores e a xestión ambiental dos seus residuos, e o Real Decreto 110/2015, do 20 de febreiro, sobre residuos de aparellos eléctricos e electrónicos.

-              Real Decreto 265/2021, do 13 de abril, sobre os vehículos ao final da súa vida útil e polo que se modifica o Regulamento Xeral de Vehículos, aprobado polo Real Decreto 2822/1998, do 23 de decembro.

Este cambio implica que xa se poden notificar e crear traslados sobre os novos LER de Pilas, RAEE e VFU.

Pode consultar os cambios desta versión no seguinte enlace.

https://www.miteco.gob.es/es/calidad-y-evaluacion-ambiental/publicaciones/e3l_cambios_version_34_tcm30-530167.pdf

Subir