Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

Publicación da nova Lei de Residuos e solos contaminados de Galicia

Data de publicación: 25.02.2021

Descrición:

 

Publicouse no DOG nº 38, con data do 25 de febreiro de 2021 a Lei 6/2021 de residuos e solos contaminados de Galicia a cal entrará en vigor aos vinte días da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Os obxectivos principais desta nova Lei son clarificar, unificar e simplificar o réxime que debe resultar de aplicación na Comunidade Autónoma de Galicia en materia de residuos, así como introducir novas medidas que axuden ou favorezan a consecución dos obxectivos impostos pola Unión Europea e a transformación da sociedade galega nunha sociedade impulsora da economía circular. Todo isto no ámbito do exercicio da potestade de desenvolvemento normativo e executiva que deriva das competencias autonómicas.

Esta Lei derroga os seguintes textos normativos autonómicos:

a) A Lei 10/2008, do 3 de novembro, de residuos de Galicia.

b) O Decreto 154/1998, do 28 de maio, polo que se publica o catálogo de residuos de Galicia.

c) O Decreto 59/2009, do 26 de febreiro, polo que se regula a rastrexabilidade dos residuos.

 

Destacar como novidades que afectan aos xestores inscritos actualmente as seguintes incluídas no artigo 27 da citada Lei:

-          Artigo 27.3: os xestores de almacenamento de residuos non perigosos, os negociantes de residuos non perigosos e os transportistas de residuos perigosos deberán constituír previamente ao inicio da súa actividade unha fianza, que terá por obxecto responder fronte á Administración do cumprimento das obrigas que deriven do exercicio daquela e da autorización ou comunicación. Para as entidades incluídas neste suposto rexistradas con anterioridade á entrada en vigor desta Lei, a disposición transitoria terceira establece o período de adaptación ao novo réxime de garantías: prazo de seis meses para solicitaren a adaptación da súa autorización ou comunicación e prazo dun ano para presentaren a garantía financeira correspondente ao exercicio da súa actividade.

-          Artigo 27.5: todos os xestores que leven a cabo operacións de tratamento, incluída a almacenaxe de residuos, en instalacións situadas no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia deberán levar o arquivo cronolóxico de xeito telemático a través da plataforma habilitada para ese efecto pola consellaría competente en materia de residuos: GaIA eResiduos. Deste xeito se a súa entidade ten actividades de tratamento de residuos non perigosos, incluído o almacenamento, para as cales non estaba levando o arquivo cronolóxico a través de GaIA eResiduos debe comezar a rexistrar todos os trasladados de residuos realizados a partir da data de entrada en vigor desta Lei nesta plataforma.

Subir