Data de publicación: 17.02.2021
Descrición:
A Consellería do Medio Ambiente, Territorio e Vivenda participa no proxecto H2020 CICERONE (Circular economy platform for European priorities strategic agenda).
Este proxecto reúne ás principais partes interesadas, administracións, programadores, investigadores e empresas, para construir xuntos unha plataforma que sirva de ferramenta para implantar un modelo de economía circular eficiente.
O proxecto aborda, de xeito específico, as necesidades e prioridades que deben marcar a folla de ruta a seguir para acelerar a implantación dunha Europa circular, eficiente e efectiva, mediante a programación conxunta de proxectos, a promoción da investigación e o intercambio de información, e involucrando a todos os sectores implicados a todos os niveis, incluídos os cidadáns.
O 30 de marzo de 2021 en horario de tarde, realizarase a conferencia final on-line onde se presentarán os resultados acadados polo proxecto CICERONE, lanzarase a Plataforma de Cooperación Circular da UE (EU CCH), entre outras. Para máis información e inscrición véxase adxuntos.
A inscrición para asistir a este evento pode realizarse a través da seguinte ligazón:
https://zoom.us/meeting/register/tJ0od-mtrDMpEtFL6DCvt2zbwvuU5Ki8Izro