Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

AVISO: Novos procedementos administrativos habilitados electronicamente

Data de publicación: 20.10.2020

Descrición:

Con data de hoxe, 20/10/2020 entra en vigor a ORDE do 7 de xullo de 2020 pola que se habilitan electronicamente os procedementos administrativos de prazo aberto do órgano competente en materia de Calidade Ambiental e Cambio Climático desta consellería e se habilitan na sede electrónica da Xunta de Galicia, publicada no DOG o 30 de setembro, polo que será necesario que os interesados presenten as súas solicitudes segundo os modelos normalizados que se poden atopar no enderezo https://sede.xunta.gal, ou ben na web do SIRGa.

Os procedementos habilitados a través desta orde, en materia de residuos, son os que figuran a continuación:

Procedementos de autorización e comunicación, publicados no seguinte enderezo da web do SIRGa: https://sirga.xunta.gal/autorizacions-e-notificacions

  • Autorización de ampliación do prazo de almacenamento de residuos (MT201A).

  • Baixa no Rexistro Xeral de Produtores e Xestores de Residuos de Galicia-RXPXRG- (MT201B).

  • Inicio de actividade de planta móbil (MT201C).

  • Actividade de valorización de materiais naturais escavados en operacións de reenchemento e obras distintas a aquelas nas que se xeraron (MT201D).

  • Solicitude de modificación da inscrición de valorización de materiais naturais escavados en operacións de reenchemento e obras distintas a aquelas nas que se xeraron (MT201E).

  • Plataforma loxística de RAEE (MT201F).

  • Modificación da comunicación da plataforma loxística de RAEE (MT201G).

  • Produción de subproduto. Comunidade Autónoma de Galicia (MT201H).

Procedementos de presentación de documentación relativos á memoria anual e declaración de envases, publicados no seguinte enderezo da web do SIRGa: https://sirga.xunta.gal/declaracion-anual-tramites

  • Memoria anual e documentación complementaria (MT201I).

  • Informe anual de actividade do Scrap e documentación complementaria (MT201J).

  • Declaración de envases (MT201K).

Procedementos de presentación de documentación relativos ó estudo de minimización, publicados no seguinte enderezo da web do SIRGa: https://sirga.xunta.gal/estudo-de-minimizacion

  • Estudo de minimización (MT201L).

  • Plan de prevención e/ou seguimento do plan (MT201M).

Subir