Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

AVISO . Nova Versión da Plataforma GaIA eResiduos

Data de publicación: 19.06.2020

Descrición:

 

Luns, 22 de xuño, entre as 08:00h e as 9:30 h porase en marcha unha nova versión da Plataforma GaIA eResiduos, polo que non estará operativa durante ese tempo.

Nesta versión inclúense, entre outras, as seguintes melloras e correccións de erros:

  • Eliminar Traslados. Corríxense os erros que impedían eliminar traslados de forma correcta.

 

  • Subida xml parte B traslados. Arránxanse as incidencias que impedían a subida dun traslado completo por WS ou upload en GaIA. A operativa está habilitada da seguinte forma:

    • Se o traslado se atopa sen datos de aceptación cubertos en GaIA eResiduos permítese a subida do traslado completo.

    • Se o traslado consta de datos de aceptación rexistrados en GaIA eResiduos e estes nos con correctos (data, tipo de aceptación ou cantidade) será necesario indicar dentro do documento o campo “annulledDocumentCode”.

 

  • Planta móbil. Xa se permite crear traslados con destino as plantas móbiles de residuos autorizadas na nosa comunidade autónoma como xestores de residuos.


  • Mensaxes de validación. Revisase o funcionamento dos mensaxes de validación da plataforma para facer estes máis entendibles por parte do usuario.


Desculpen as molestias

Subir