Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

Prazo presentación memorias anuais e arquivo cronolóxico 2019

Data de publicación: 02.06.2020

Descrición:

Tal e como se indicou o pasado 17 de marzo nas directrices publicadas por esta Dirección Xeral en relación aos TRASLADOS DE RESIDUOS dentro do territorio da comunidade autónoma ante a situación de emerxencia actual derivada do COVID19, os prazos para a presentación da memoria anual de xestor de residuos e de peche do arquivo cronolóxico atopábanse interrompidos.

O artigo 9 do Real Decreto 537/2020, do 22 de maio, estable que con efectos desde o 1 de xuño de 2020, retomarase o cómputo dos prazos administrativos que se houberan suspendido en virtude do Real Decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, que establecía na disposición adicional terceira a suspensión de termos e a interrupción de prazos aplicables a todo o sector público definido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

Retómase, polo tanto, o prazo para á presentación da memoria anual de xestor de residuos do ano 2019, establecendo o peche do arquivo cronolóxico e a presentación desta o 19 de xullo de 2020.

Do mesmo xeito recordar que volve a estar vixente o prazo de 1 mes para a sinatura dos traslados de residuos na plataforma GaIA eResiduos.

 

Subir