Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

AVISO . Nova Versión da Plataforma GaIA eResiduos

Data de publicación: 27.05.2020

Descrición:

Mañá, 28 de maio, entre as 08:00h e as 9:30 h porase en marcha unha nova versión da Plataforma GaIA eResiduos, polo que non estará operativa durante ese tempo.

Nesta versión inclúense, entre outras, as seguintes melloras e correccións de erros:

·         Arquivo cronolóxico. Realízanse unha serie de modificacións no buscador de traslados confirmados ou rexeitados (asinados) co fin de mellorar o seu rendemento e optimizalo:

o   Dende este buscador permítese a busca de todos os traslados asinados por parte da súa entidade dende o inicio da súa actividade en GaIA eResiduos.

o   Lembrar que para o caso dos negociantes ou axentes de residuos, que actúen como operadores do traslado, mostraranse todos os traslados nos que interviñeron como operador sen necesidade do seu asinado.

o   A incorporación dos datos de código LER, operador, orixe, destino e transportista realizase mediante unha función de autocompletar xunto con campos despregables o que facilita a súa usabilidade.

Desculpen as molestias

 

Subir