Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

Nova convocatoria de axudas dirixida a entidades locais de Galicia para o desenvolvemento de proxectos en materia de xestión de residuos de competencia municipal, para as anualidades 2020 e 2021

Data de publicación: 13.05.2020

Descrición:

 

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda acaba de publicar no Diario Oficial de Galicia una nova orde de axudas, de carácter bianual, dirixida a entidades locais e agrupacións de entidades de Galicia, para o desenvolvemento de proxectos en materia de xestión de residuos de competencia municipal.

 

Ao amparo desta orde poderán financiarse as seguintes actuacións:

Posta en marcha de puntos limpos móbiles.

Adecuación de espazos municipais de autorreparación e intercambio de obxectos.

Fomento da compostaxe in situ (compostaxe doméstica e comunitaria en zonas habilitadas polas entidades locais, con posibilidade de incluír a participación dos grandes produtores).

Implantación, ampliación ou mellora da recollida separada da fracción orgánica.

 

A orde contempla o financiamento do total dos proxectos (100% de financiamento), que deberán executarse desde o 1 de xaneiro ata o 30 de novembro do 2021. Así mesmo, unha mesma entidade local poderá concorrer de maneira simultánea a varias das catro actuacións subvencionables.

 

O orzamento total desta orde ascende a máis de 4 millóns de euros que se distribúen en 2,45 en 2020 e 1,71 en 2021.

 

Para máis información pinche aquí 

 

Para ver a publicación no DOG pinche aquí

Subir