Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

Nova Versión da Plataforma GaIA eResiduos

Data de publicación: 12.05.2020

Descrición:

 

Mañá, 13 de maio, entre as 16:30 h e as 19:30 h porase en marcha unha nova versión da Plataforma GaIA eResiduos, polo que non estará operativa durante ese tempo.

 

Nesta versión inclúense, entre outras, as seguintes melloras e correccións de erros:

 

  • Buscador de traslados. Realízanse unha serie de modificacións no buscador de traslados co fin de mellorar o seu rendemento:

    • Dende este buscador só se permite buscar traslados pertencentes a anos nos que o arquivo cronolóxico aínda non se atope pechado. A data de hoxe poderá buscar traslados dende o 01 de xaneiro do ano 2019 ata a data.

    • A busca de traslados pertencentes a anos pechados debe realizarse dende o buscador do Arquivo cronolóxico.

    • A incorporación dos datos de código LER, operador, orixe, destino e transportista realizase mediante unha función de autocompletar xunto con campos despregables o que facilita a súa usabilidade.

     

  • Datas de inicio e fin de traslado. Incorporase no detalle do traslado as datas de inicio e fin para que poidan visualizarse sen necesidade de premer no botón de editar.

 

Desculpen as molestias

 

Subir