Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

AVISO. Nova Versión da Plataforma GaIA – eResiduos

Data de publicación: 12.02.2020

Descrición:

Mañá, 13 de febreiro, entre as 08:00h e as 09:00h porase en marcha unha nova versión da Plataforma GaIA, polo que non estará operativa durante ese tempo.

Nesta versión inclúense, entre outras, as seguintes melloras e correccións de erros:

·        Sinatura de traslados. Corríxense erros que impedían a sinatura de traslados múltiples e outros erros relacionados con este proceso de asinado.

 

·     Traslados centros non inscritos. Habilitase a opción de “autorización non dispoñible, actuando como produtor” para que se poidan rexistrar os traslados de residuos desde centros non inscritos sempre que estes residuos sexan de produción puntual ou que non se cumpra o límite anual para inscribirse como produtor de residuos non perigosos.

 

·    Exportación de listados de traslados. Corríxese os erros detectados na exportación a csv do listado de traslados.

 

·        Descarga en pdf de DI e NT. Corríxese un erro puntual na descarga a pdf dun número limitado de NT e DI que implicaba que certos datos como o operador do traslado ou o código non se amosase.

 

·       Subida ou envío vía web service de TNP en versión E3L 2.3. Corríxese un erro na validación da data do traslado para permitir o seguinte:

o   Rexistro de traslados con orixe ou destino negociante de residuos.

o   Rexistro de traslados co LER 200301 ou con destino eliminación sen necesidade de notificación previa existente no sistema.

 

·     Campo descrición libre do residuo. Corríxese na exportación do pdf do DI que se amose a descrición libre do residuo que vostede indicou á hora de crear o seu residuo no mestre de residuos ou o incluído dentro do campo habilitado ao efecto no esquema xml. “bagResidueId residueDescription"

 

Por outra banda informarlle que pode descargar no seguinte enlace a Guía de novidades versión E3L 3.0/3.1 e adaptación ao Real decreto de traslados de residuos:

https://sirga.xunta.gal/c/document_library/get_file?folderId=122813&name=DLFE-54760.pdf

 

Subir