Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

ALMORZOS MEDIOAMBIENTAIS: EXPOSICIÓN SOBRE AS EXPERIENCIAS LEVADAS A CABO EN EUSKADI RESPECTO Á ECONOMÍA CIRCULAR PARA OS RESIDUOS DE CONSTRUCIÓN

Data de publicación: 05.02.2020

Descrición:

 

A Asociación Profesional de Empresas Medioambientais de Galicia (APROEMA) organiza, dentro dun ciclo de Almorzos Medioambientais para desenvolver Ideas Avanzadas sobre Economía Circular, un primeiro almorzo no que se contará con Aitor Sáez de Cortázar Junguitu, da Área técnica do Ihobe (Goberno Vasco) como ponente, que fará unha Exposición sobre as experiencias levadas a cabo en Euskadi respecto á economía circular para os residuos de construción.

O encontro terá lugar o próximo xoves 13 de febreiro de 2020, en horario de 09:00 a 11:00 h, no Hotel Oca Puerta del Camino (C/ Miguel Ferro Caaveiro s/n, 15707, Santiago de Compostela), e está dirixido a xestores de residuos, empresas, concellos e profesionais interesados na temática. Pode atopar máis información e acceder ao formulario de inscrición no seguinte enlace:

Ligazon/s relacionadas
Subir