Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

AVISO: Nova Versión da Plataforma GaIA – eResiduos

Data de publicación: 29.01.2020

Descrición:

O próximo xoves, 30 de xaneiro, entre as 08:00h e as 09:00h porase en marcha unha nova versión da Plataforma GaIA, polo que non estará operativa durante ese tempo.

Nesta versión inclúense, entre outras, as seguintes melloras e correccións de erros:

·         Acceso á plataforma. Corríxense os erros que impedían a creación de novas contas de empresa e alta de usuarios administradores.

 

·         Envío de avisos a usuarios. Detectado un erro no envío masivo de avisos a usuarios administradores e técnicos da plataforma GaIA corríxese este para que o envío sexa efectivo a todos os usuarios activos de GaIA eResiduos.

 

·         Traslados intercomunitarios. Adaptase a validación contra eSIR (Portal de información de residuos estatal) dos códigos de inscrición de centros de fóra da nosa comunidade autónoma co fin de permitir seguir seleccionando “Non dispoñible, actuando como...” no caso de que a información que devolve eSIR non coincida coa que dispón o usuario.

 

·         Cantidades con decimais nos Traslados de residuos non perigosos. Adaptase o formato da cantidade co fin de que acepte tanto o símbolo de punto como o de coma para rexistrar cantidades con decimais.

 

·         Duplicados de NT en versión 2.3 sen operador. Co fin de evitar que no duplicado dunha NT non se cubran os datos de operador ponse este bloque de información como obrigatorio.

 

·         Carga temporal de TNP. Con respecto a este módulo web de carácter temporal corríxense as incidencias seguintes co fin de que poidan rexistrar os TNP de todo o ano 2019 en GaIA ata o 01 de marzo de 2020:

o   Permítese o rexistro de TNP onde orixe e destino sexan distintos de operador do traslado para dar cabida ao rexistro de TNP por axentes/negociantes de residuos.

o   Permítese de forma excepcional rexistrar os traslados con orixe ou destino negociante de residuos ata o 31/01/2020. Aínda que se indicaba na Guía de novidades que existía un período transitorio de convivencia de versións este debe entenderse só a efectos de esquema E3L pero nunca de operativa nos movementos de traslados. Polo tanto non se permite a partir do 31/01/2020 xerar documentos de traslado con orixe ou destino un negociante de residuos, estes deben tomar o rol de operador do traslado.

o   Permítese o rexistro de TNP co LER 200301 sen NT asociada ata 31/01/2020 polo mesmo motivo que o indicado no punto anterior.

 

·         Subida ou envío vía web service de TNP en versión E3L 2.3. Aínda que se indicaba na Guía de novidades que existía un período transitorio de convivencia de versións, este debe entenderse só a efectos de esquema E3L pero nunca de operativa nos movementos de traslados, polo que as correccións que se indican a continuación só se permitirán para traslados anteriores ao 31/01/2020, entendendo que con esta nova información queda completamente aclarado que o período de convivencia de versión non exime do cumprimento da normativa en vigor:

o   Permítese o rexistro de traslados con orixe ou destino negociante de residuos.

o   Permítese o rexistro de traslados co LER 200301 ou con destino eliminación sen necesidade de notificación previa existente no sistema.

 

·         Subida ou envío vía web service de documentos de Traslado completos: habilitase a opción de que calquera entidade implicada no traslado poida subir un documento de traslado completo (parte A + parte B) sen que a parte A do documento se atope no sistema.

 

·         Buscador de notificacións e traslados. Co fin de mellorar o rendemento destes informes limitase o número de rexistros que se poden descargar no csv completo a 900 para traslados e a 1500 para NT. Debe filtrar por datas, código LER ou orixe os seus traslados e notificacións previas co fin de obter un resultado manexable polo csv.

 

·         Campo descrición libre do residuo. Volve a amosarse na parte de traslados e notificacións previas no detalle web, no pdf e no xml que se xera a descrición libre do residuo que vostede indicou á hora de crear o seu residuo no mestre de residuos ou o incluído dentro do campo habilitado ao efecto no esquema xml. “bagResidueId residueDescription"

 

Por outra banda informarlle que pode descargar no seguinte enlace a Guía de novidades versión E3L 3.0/3.1 e adaptación ao Real decreto de traslados de residuos:

https://sirga.xunta.gal/c/document_library/get_file?folderId=122813&name=DLFE-54760.pdf

 

Subir