Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

AVISO: Nova versión da Plataforma GaIA eResiduos (Versión E3L 3.0) e eTramitación

Data de publicación: 05.12.2019

Descrición:

O próximo xoves, 12 de decembro, entre as 08:00h e as 10:00h porase en marcha unha nova versión da Plataforma GaIA, polo que non estará operativa durante ese tempo. Desculpen as molestias que isto lles poida ocasionar.

Esta versión do módulo de eResiduos é o resultado da adaptación da plataforma ás esixencias do Real Decreto 180/2015, de 13 de marzo, polo que se regula o traslado de residuos no interior do territorio do Estado, e en consecuencia, á linguaxe informática E3L versión 3.0.

O manual do módulo de eResiduos actualizouse para recoller o funcionamento desta nova versión. Poderán acceder a este manual actualizado desde a propia pantalla de eResiduos, premendo no botón “Manual”, na parte superior dereita da pantalla principal.

Poden consultar as novidades máis importantes da nova versión da Plataforma GaIA, módulo de eResiduos na nova guía dispoñible.

En canto ó módulo de eTramitación, seguen dispoñibles as funcións para a xestión de datos propios (datos de razón social e de centros propios de traballo), e poderán acceder ós trámites de comunicación, desde onde se lles redireccionará directamente o correspondente procedemento da Sede electrónica da Xunta de Galicia.

Documento/s relacionados
  • Presentación Traslados GaIA 2019 Descargar
Subir