Data de publicación: 22.11.2019
Descrición:
No marco do Plan de Xestión de Residuos Urbanos de Galicia 2010-2022, a Xunta de Galicia está a por en marcha un programa de actuacións coa finalidade de mellorar a xestión dos residuos domésticos e avanzar cara o modelo de economía circular. Entre os eixos de actuacións deste programa, as iniciativas encamiñadas cara á prevención na xeración de residuos ostentan un carácter preferente.
Así, crearase unha REDE GALEGA PARA A PREPARACIÓN PARA A REUTILIZACIÓN E REPARACIÓN, para o cal estanse a desenvolver as seguintes tarefas:
*A creación dunha base de datos de experiencias e proxectos de preparación para a reutilización e reparación, así como de axentes (públicos e privados) vinculados a este tipo de accións en Galicia.
*O desenvolvemento dunha proba piloto, consistente nun espazo municipal de reparación e intercambio de enseres, obxectos e materiais, coa habilitación de talleres formativos e de sensibilización para a cidadanía.
*A creación dun espazo transversal de debate e colaboración para falicitar o intercambio de coñecemento en preparación para a reutilización e reparación, a través do fomento do traballo en rede de grupos de interese.
*A publicación dunha páxina web para dotar dun entorno virtual de soporte ao conxunto do proxecto.
O vindeiro 11 de decembro celebrarase unha REUNIÓN PREPARATORIA DA REDE GALEGA PxR, na que os axentes interesados poderán participar activamente neste impulso decidido á creación de novos proxectos de preparación para a reutilización e reparación en toda Galicia, e á colaboración en tódolos ámbitos posibles (empresarial, educativo, social, institucional).
Data: 11 de decembro de 2019
Horario: 11:00 a 13:00 h
Lugar: Escola Galega de Administración Pública (Aulas 5 e 6). Polígono das Fontiñas, Rúa de Madrid, 2-4 15707 Santiago de Compostela.
As inscricións para participar nesta reunión realizarase a través da web www.mellorrepararquetirar.gal no apartado de EN REDE.
O aforo é limitado e o prazo para a inscrición rematará o día 5 de decembro.