Data de publicación: 22.11.2019
Descrición:
A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, xunto con ECOPILAS, ERP e ECOLEC, convidan a todos os centros educativos galegos de primaria e secundaria a participar na segunda edición do Concurso PILABOT.
A finalidade do Concurso PILABOT é fomentar a recollida selectiva de pilas e acumuladores portátiles entre o alumnado e as súas familias. Os centros que máis pilas recollan obterán premios para a compra de material escolar, deportivo e/ou actividades educativas.
Os colexios interesados en participar poderán inscribirse a partir de hoxe e ata o 13 de decembro –ou ata completar as prazas ofertadas- a través da páxina web pilabot.
Para calquera aclaración, poden contactar na seguinte dirección de correo electrónico: residuos.economia.circular@xunta.gal