Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

XORNADAS DE FORMACIÓN - Nova versión da Plataforma GaIA eResiduos – Versión E3L 3.0

Data de publicación: 17.09.2019

Descrición:

Nas próximas semanas poñerase en marcha unha nova versión da plataforma GaIA eResiduos. Esta versión é o resultado da adaptación da plataforma ás esixencias do Real Decreto 180/2015, de 13 de marzo, polo que se regula o traslado de residuos no interior do territorio do Estado, e en consecuencia, á linguaxe informática E3L versión 3.0.

É por isto que estamos organizando xornadas de formación da nova versión da plataforma, que prevemos comezarán a partir da primeira semana do mes de outubro, polo que aqueles interesados poderán participar nelas.

Por razóns de espazo nesta fase poderán inscribirse un máximo de dúas persoas por entidade, preferiblemente con perfil técnico, para asistir. Para iso deberán inscribirse antes do 26 de Setembro. Unha vez dispoñamos do listado de interesados, comunicaremos lugar e data das xornadas.

Para acceder ó formulario de inscrición, prema aquí.

Poden consultar as novidades máis importantes da nova versión da Plataforma GaIA, módulo de eResiduos na nova guía dispoñible.

 

Subir