Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

A Xunta convoca Xornadas de información e formación na produción e xestión de residuos santiarios

Data de publicación: 07.05.2019

Descrición:

 

Dende a Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia, e seguindo as directrices do Plan de Xestión de Residuos Industriais de Galicia (PRIGA 2016-2022), estamos a impulsar e dinamizar actuacións específicas para a mellora da xestión dos residuos no ámbito industrial.

 

Xornadas informativas sobre a produción e a xestión de residuos sanitarios

Coa finalidade de mellorar a información e formación dos axentes implicados na produción e xestión de residuos sanitarios, desde esta Dirección Xeral están a organizarse varias xornadas nas 6 cidades galegas en horario de mañá:

 

- Luns 20: A Coruña. Salón de Actos do Hospital Abente e Lago

- Mércores 22: Santiago. Escola Galega de Administración Pública (EGAP)

- Xoves 23: Pontevedra. Hospital de Montecelo

- Venres 24: Vigo. Hospital Álvaro Cunqueiro

- Luns 27: Lugo. Hospital Universitario Lucus Augusti

- Martes 28: Ourense. Hospital Nuestra Señora de Cristal

 

Programa

Os contidos e temática a desenvolver distribuiranse en dous bloques, grandes e pequenos centros xeradores, nos que se revisarán obrigas legais, a perspectiva dos xestores e experiencias de xestión, tanto no ámbito privado como público.

 

Inscrición

Se precisan máis información, poden contactarnos no teléfono 981 54 10 45 ou no enderezo electrónico residuos-priga.medio-ambiente@xunta.gal

 

Para inscribirse pinche aquí

Documento/s relacionados
  • Programa das Xornadas formativas sobre a xestión de residuos sanitarios Descargar
Subir