Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

A Xunta convoca Xornadas de información e formación na produción e xestión de Buques e Embarcacións Fóra de Vida Útil.

Data de publicación: 16.04.2019

Descrición:

 

Dende a Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia, e seguindo as directrices do Plan de Xestión de Residuos Industriais de Galicia (PRIGA 2016-2022), estamos a impulsar e dinamizar actuacións específicas para a mellora da xestión dos residuos no ámbito industrial.

 

Xornadas informativas sobre a produción e a xestión de Buques e Embarcacións Fora de Vida Útil.

Coa finalidade de mellorar a información e formación dos axentes implicados na produción e xestión de Buques e Embarcacións Fora de Vida Útil (BEFV), desde esta Dirección Xeral están a organizarse varias xornadas en distintas localidades en horario de mañá (10:00-12:00):

 

  • 02 de maio: A Coruña. Salón de Actos da Autoridade Portuaria.

  • 03 de maio: Ferrol. Centro de innovación e servizos de Galicia (CIS).

  • 09 de maio: Vigo. Delegación Territorial da Xunta de Galicia.

     

Programa:

Os contidos e temática a desenvolver responderán ás seguintes cuestións a abordar, entre outras: a problemática actual da xestión dos buques e embarcacións fóra de vida útil (BEFV), as autorizacións necesarias para o despezamento de BEFV e as implicacións do Regulamento nº1257/2013.

 

Inscrición:

Se precisan máis información, poden contactarnos no teléfono 981 54 10 45 ou no enderezo electrónico residuos-priga.medio-ambiente@xunta.gal

 

Para inscribirse pinche aquí

Documento/s relacionados
  • Programa das xornadas de información sobre a xestión de Buques e Embarcacións Fóra de Vida Útil Descargar
Subir