Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

A Xunta convoca 4 Xornadas de información e formación na produción e xestión de pilas-acumuladores e RAEE

Data de publicación: 22.03.2019

Descrición:

 

Dende a Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia, e seguindo as directrices do Plan de Xestión de Residuos Industriais de Galicia (PRIGA 2016-2022), estamos a impulsar e dinamizar actuacións específicas para a mellora da xestión dos residuos no ámbito industrial.

 

Xornadas informativas sobre a xestión de pilas-acumuladores e RAEE

Coa finalidade de mellorar a información e formación dos axentes implicados na produción e xestión de Pilas e Acumuladores e Residuos de Aparellos Eléctricos e Electrónicos (RAEE), desde esta Dirección Xeral están a organizarse varias xornadas en distintas localidades en horario de 10:00 h a 14:00 h:

 

11/04/2019 Santiago de Compostela: instalacións de GAIN ( Axencia Galega de Innovación).

23/04/2019 Porriño: CTAG (Centro Tecnolóxico de Automoción).

24/04/2019 A Coruña: Salón de Actos do Edificio Administrativo de Monelos. Xunta de Galicia.

29/04/2019 Lugo: Asociación Provincial de Reparación e Venda de Automóbiles e Recambios (APREVAR).

 

Programa:

Os contidos e temática a desenvolver responderán ás seguintes cuestións a abordar, entre outras: Formar aos diferentes axentes implicados na correcta xestión de residuos de pilas e acumuladores, e de aparellos eléctricos e electrónicos ao longo de todo o proceso

 

Inscrición:

Se precisan máis información, poden contactarnos no teléfono 981 54 10 45 ou no enderezo electrónico residuos-priga.medio-ambiente@xunta.gal

 

Para inscribirse pinche aquí

Documento/s relacionados
  • Programa das xornadas informativas sobre a xestión de pilas-acumuladores e RAEE Descargar
Subir