Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

A Xunta convoca xornadas informativas sobre prevención de residuos industriais

Data de publicación: 15.03.2019

Descrición:

 

Desde a Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia, seguindo as directrices do Plan de Xestión de Residuos Industriais de Galicia (PRIGA 2016-2022), e dentro da campaña PENSA EN CIRCULAR, estamos a impulsar e dinamizando actuacións específicas para a mellora da prevención dos residuos no ámbito industrial.

 

Xornadas informativas sobre a prevención de residuos industriais

Coa finalidade de mellorar a información dos axentes implicados na prevención dos Residuos Industriais, están a organizarse varias xornadas en distintas localidades en horario de mañá:

 

  • RESIDUOS AGRARIOS. 22/03/2019. Lugo. Confederación de Empresarios de Lugo.
  • EXCEDENTES ALIMENTARIOS. 29/03/2019. Lugo. Confederación de Empresarios de Lugo.
  • LODOS DE DEPURACIÓN. 3/04/2019. Boiro. Centro Social.
  • RESIDUOS SANITARIOS. 4/04/2019. Santiago. Confederación de empresarios.
  • RESIDUOS DO SECTOR DA METALURXIA. 10/04/2019. Vigo. (ASIME).
  • RESIDUOS DE CONSTRUCIÓN E DEMOLICIÓN. 25/04/2019. A Coruña. Asociación Provincial de empresarios da construción (APECCO)
  • RESIDUOS DA MINERÍA. 26/04/2019.
  • RESIDUOS DA AUTOMOCIÓN. 7/05/2019. Vigo (CEAGA)

Programa:

Os contidos e temática a desenvolver responderán ás seguintes cuestións a abordar, entre outras:

  1. Análise da situación actual dos principais sectores industriais en canto a produción de residuos.

  2. Análise das barreiras existentes que impiden ou dificultan conseguir os obxectivos de redución de residuos e a adecuación ás medidas previstas no PRIGA

  3. Realización de grupos de traballo nos que se abordarán experiencias en actuacións levadas á práctica na prevención dos residuos e os logros acadados.

O enfoque dos grupos será eminentemente práctico, empezando cunha breve presentación do programa, que dará paso a intervención de distintos axentes (empresas, xestores, universidade, Administración) que nos falarán das súas experiencias. Por último abrirase un debate entre as persoas que asistan.

 

Inscrición:

Se precisan máis información, poden contactar con nos no teléfono 981 54 10 45 ou na dirección electrónica residuos-priga.medio-ambiente@xunta.gal

 

Para inscribirse pinche aquí

Documento/s relacionados
  • Programa das xornadas informativas sobre a prevención de residuos industriais Descargar
Subir