Data de publicación: 13.03.2019
Descrición:
A Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia, seguindo as directrices do Plan de Xestión de Residuos Industriais de Galicia (PRIGA 2016-2022), estamos a impulsar e dinamizar actuacións específicas para a mellora da xestión dos residuos no ámbito industrial.
Xornadas informativas sobre a xestión dos Residuos da Construción e Demolición (RCD):
Coa finalidade de mellorar a información e formación tanto de axentes implicados (Xestores, produtores, etc) como de calquera persoa interesada na produción e xestión de residuos da construción e demolición estanse a organizar varias xornadas en distintas localidades en horario de mañá:
22/03/2019: Ferrol. Centro de Innovación e Servicios de Galicia (CIS-Galicia)
28/03/2019: Santiago de Compostela. Instalacións da Escola Galega de Administración Pública.
1/04/2019: Vigo. Asociación de Construtores de Pontevedra.
2/04/2019: Lugo. Asociación Provincial de Empresarios da Construción de Lugo.
8/04/2019: Ourense. Centro Cultural Marcos Valcárcel.
9/04/2019: Pontevedra. Afundación.
25/04/2019. A Coruña. Asociación Provincial de empresarios de la construcción (APECCO)
Programa:
Os contidos e temática a desenvolver focalizaranse na situación actual da xestión dos RCD (normativa a cumprir, xeración nos últimos anos e competencias dos axentes implicados na xestión), abrindo un obradoiro participativo entre os asistentes e contando coa experiencia práctica por parte dunha empresa construtora e por ARCODEGA.
Inscrición:
Co fin de favorecer a organización do evento, prégase confirmación de asistencia a través do enlace correspendente
Se precisan máis información, poden contactarnos no teléfono 981 54 10 45 ou no enderezo electrónico residuos-priga.medio-ambiente@xunta.gal
Para inscribirse pinche aquí