Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

Convocatoria de axudas do MITECO: AXUDAS RESIDUOS 2019

Data de publicación: 04.03.2019

Descrición:

O Ministerio para a Transición Ecolóxica (MITECO) lanza a convocatoria de Axudas Residuos 2019 (PIMA Residuos e PEMAR) para promover actuacións que permitan reducir as emisións de gases de efecto invernadoiro (GEI) e avanzar na consecución dos obxectivos da Directiva 2008/98/CE de Residuos, da Lei 22/2011, de 28 de xullo, de residuos e solos contaminados, do Plan Estatal Marco de Xestión de Residuos (PEMAR), así como no cumprimento dos obxectivos relativos ás enerxías renovables.

 

Axudas para o fomento da compostaxe:

Estas axudas están enfocadas a impulsar a implantación da recollida separada da fracción orgánica dos residuos municipais e a compostaxe.

Os proxectos susceptibles de financiamento son os seguintes:

- Proxectos de recollida separada de biorresiduos para o seu tratamento biolóxico.

- Proxectos de compostaxe doméstica e comunitaria de biorresiduos.

- Proxectos de construción de instalacións de compostaxe destinadas ao tratamento de biorresiduos.

 

Recollida separada de aceite de cociña usado:

Os proxectos susceptibles de financiamento son os proxectos de recollida separada de aceite de cociña usado para fabricación de biocarburante.

 

Proxectos de biogás:

Estas axudas están enfocadas a incentivar usos de biogás alternativos á queima en fachos ou de xeración eléctrica, así como a cambios en procesos que incrementen a xeración de biogás.

Os proxectos susceptibles de financiamento son os seguintes:

- Proxectos de depuración e inxección de biogás na rede.

- Proxectos de depuración e uso en frotas de transporte.

- Proxectos de uso en motores de coxeneración.

- Proxectos de uso de biogás para produción de calor.

- Proxectos de cambio nos procesos destinados a aumentar a xeración de biogás.

 

Tramitación e financiamento:

As entidades locais deberán dirixir a súas solicitudes á Subdirección Xeral de Residuos á seguinte dirección de correo electrónico:

residuos.economia.circular@xunta.gal

 

O prazo para remitir as solicitudes á Subdirección Xeral de Residuos remata o 20 de marzo.  

 

Corresponde ao MITECO a valoración das propostas e a distribución dos fondos entre os proxectos presentados. Solo se aceptarán os proxectos que cumpran cos requisitos establecidos nas bases da convocatoria. A orde de prioridade para o financiamento dos proxectos establécese nas mesmas bases en función da tipoloxía do proxecto e, no seu caso, a poboación de dereito en 2018.

Documento/s relacionados
  • Bases Axudas Residuos 2019 Descargar
  • Formularios axudas 2019_L1_R Separada Biorresiduos Descargar
  • Formularios axudas 2019_L2_Compostaxe D e C Descargar
  • Formularios axudas 2019_L3_Instalacións Compostaxe Descargar
  • Formularios axudas 2019_L4_R S Aceite de cociña Descargar
  • Formularios axudas 2019_L5_Biogás Descargar
  • Resumo da convocatoria AXUDAS RESIDUOS 2019 Descargar
Subir