Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

Nova apertura, ata o 15 de marzo de 2019, da convocatoria para a implantación, no marco dun proxecto piloto, de contedores para a recollida selectiva da fracción orgánica de residuos municipais.

Data de publicación: 28.11.2018

Descrición:

Desde a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, preténdese poñer a disposición das entidades locais os medios necesarios para a implantación, no marco dun proxecto piloto, da recollida separada da fracción orgánica de residuos domésticos.

A finalidade deste proxecto piloto é dar un primeiro paso cara á implantación estendida no territorio, colaborando cos concellos nas primeiras etapas, de cara a acadar un 50% de valorización da materia orgánica no ano 2020, de conformidade cos obxectivos impostos pola Unión Europea.

Así, en cumprimento coa Liña Estratéxica 3 de Fomento da Recollida Selectiva da Fracción Orgánica do PXRUG, a Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático adquiriu un total de 4.670 contedores para a recollida selectiva de residuos de fracción orgánica, co fin de distribuílos, a modo de experencia piloto, entre os concellos interesados en poñer en práctica a recollida separada de biorresiduos mediante contedores de proximidade.

Trátase de contedores de carga traseira de 240 litros de capacidade, de cor marrón, con cerradura para a súa apertura polo usuario mediante chave. Este sistema grante o uso exclusivo destes contedores para a recollida separada dos biorresiduos, impedindo o depósito de residuos por erro ou neglixencia, o que favorece o seu correcto uso e reduce a presenza de impropios que poden limitar as posibilidades de obtención dun compost de calidade.

Mediante esta nova apertura, amplíase o prazo de solicitudes ata o 15 de marzo de 2019, coa fin de favorecer a participación das Entidades Locais interesadas e impulsar a implantación da recollida separada dos biorresiduos.

Documento/s relacionados
  • Nova apertura da convocatoria para a implantación, no marco dun proxecto piloto, de contedores para a recollida selectiva da fracción orgánica de residuos municipais Descargar
  • Modelo declaración responsable "Entidade local" Descargar
  • Instrucións para a consulta das plantas de tratamento Descargar
Subir