CMAOT

CMATI

|
|
|
Compartir

Preguntas máis frecuentes

Que ten que facer o titular dun vehículo ó final da súa vida útil?

Ten dúas opcións:

  • a) Entregalo nun CENTRO AUTORIZADO DE TRATAMENTO (desguace autorizado), onde lle facilitarán o certificado de destrución que acredita o final da vida útil do vehículo.
  • b) Entregalo nunha INSTALACIÓN DE RECEPCIÓN (concesionarios, compañías de seguros, despezamentos, fragmentadores, entre outros, que por razón da súa actividade económica se fan cargo temporalmente do vehículo), onde lle facilitarán un certificado de entrega demostrativo da posta a disposición do vehículo para a súa descontaminación. A instalación de recepción achegará o vehículo a un centro autorizado de tratamento.

Para dar de baixa o vehículo no Rexistro de Vehículos, o titular deberá presentar na Xefatura Provincial de Tráfico onde se matriculou o vehículo, os seguintes documentos:

  • Solicitude de baixa en impreso oficial cos datos e sinatura da persoa titular do vehículo.
  • Documentos que sobre a identidade e representación dos interesados se especifican no apartado A), número 3, do Anexo XIII do Regulamento xeral de vehículos, aprobado polo Real decreto 2822/1998.
  • Orixinal do Permiso ou Licenza de circulación e orixinal da Tarxeta de Inspección Técnica ou Certificado de Características do vehículo.
  • Orixinal e fotocopia do xustificante do pago do último recibo posto ao cobro, ou exención, do Imposto municipal sobre Vehículos de Tracción Mecánica, se o vehículo ten unha antigüidade inferior a quince anos.