CMAOT

CMATI

|
|
|
Compartir

Transferencia da titularidade do residuo

O produtor dun residuo perigoso é o titular e responsable do dito residuo ata que é transferido e aceptado por un xestor autorizado mediante a sinatura do documento de control e seguimento dos residuos.

Entrega a un transportista que asume a titularidade (xestor-recolledor)

A partir da súa entrega do xestor, mediante e sinatura do documento de control e seguimento, o produtor do residuo non asume ningunha responsabilidade polo transporte e xestión deste.

Entrega a un transportista que non asume a titularidade

Nos supostos de recollida dos residuos por parte dun transportista que non asume a titularidade do residuo, para a súa posterior entrega a un xestor, a responsabilidade do residuo que se traslada continúa sendo do produtor até a efectiva recepción e aceptación por parte do xestor.

Importación

A importación dun residuo perigoso considérase un proceso produtor, e o importador convértese en produtor e titular do residuo perigoso. O centro onde se recolla e almacene por primeira vez o residuo perigoso dependente do titular, considérase o centro produtor.