CMAOT

CMATI

|
|
|
Compartir

Traslado de residuos perigosos telemático

A través desta aplicación poderá xerar os preavisos e os documentos de traslado de forma telemática.

O Decreto 59/2009, do 26 de febreiro, polo que se regula a rastrexabilidade dos residuos, obriga a utilizar as aplicacións telemáticas habilitadas no SIRGa para a presentación dos documentos de traslado de residuos perigosos que se inicien e finalicen no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia aos

  • Produtores de residuos perigosos que xeren máis de 10 t/ano.
  • Xestores de residuos perigosos.

A tramitación dos traslados a través desta aplicación permite ao usuario:

  • Axilizar a tramitación dos preavisos coa administración.
  • Crear todos os traslados que necesite a partir dun único preaviso.
  • Reducir o uso do papel.
  • Mellorar o control dos traslados de residuos.
  • Emitir informes de traslados a través dun formulario dinámico.
Ligazon/s relacionadas