CMAOT

CMATI

|
|
|
Compartir

Preguntas máis frecuentes

Que documentación hai que presentar para solicitar unha autorización ou realizar unha notificación?

Información sobre a documentación que debe presentar e os formularios necesarios pode consultalo no apartado "trámites"

Que hai que facer no caso de cambio de domicilio social, NIF, baixa de actividade, etc?

A empresa debe comunicalo á Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental e achegar a documentación pertinente:

  • No caso de nova razón social e mesmo NIF/CIF, achegarase a acta de constitución da nova empresa.
  • No caso de nova razón social e novo NIF/CIF, achegarase a acta de constitución da nova empresa e novo CIF/NIF (copias compulsadas), e tramitarase como unha nova solicitude.

No caso de que teña depositada unha fianza ambiental, deberá constituír unha nova fianza e solicitar a devolución da que estaba depositada.

Como e onde se deposita a fianza ambiental?

A fianza poderá constituírse de calquera das seguintes formas:

  • En metálico
  • En títulos da Débeda Pública do Estado ou da Comunidade Autónoma de Galicia
  • Mediante aval outorgado por un establecemento de crédito (banco, caixa de aforros, cooperativa de crédito ou sociedade de garantía recíproca, debidamente autorizados e inscritos no rexistro que lle corresponda)

Os documentos acreditativos dos avais depositaranse, ata a súa cancelación, na Caixa de Depósitos da Consellería de Economía e Facenda ou en calquera das súas delegacións territoriais.

Dispón de máis información sobre a fianza ambiental no apartado "trámites"