Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

CMATI

|
|
|
Compartir

Subprodutos animais non destinados ao consumo humano (SANDACH)

As plantas de tratamento de subprodutos animais e os seus produtos derivados que sometan a estes materiais a procesos de incineración, compostaxe ou de obtención de biogás, ou ben as plantas de eliminación en vertedoiro destes materiais deberán contar con autorización para a xestión de residuos segundo a Lei 22/2011, do 28 de xullo

Os residuos de SANDACH

 

Os subprodutos animais non destinados ao consumo humano (SANDACH) defínense como corpos enteiros ou partes de animais, produtos de orixe animal ou outros produtos obtidos a partir de animais, que non están destinados ao consumo humano.

 

O Regulamento (CE) nº 1069/2009 do Parlamento Europeo e do Consello, do 21 de outubro de 2009 (Regulamento sobre subprodutos animais) polo que se establecen as normas sanitarias aplicables aos subprodutos animais e os produtos derivados non destinados ao consumo humano establece normas en materia de saúde pública e saúde animal aplicables aos subprodutos animais e aos produtos derivados, coa fin de previr e reducir ao mínimo os riscos para a saúde pública e a saúde animal que entrañan ditos produtos e, en particular, preservar a seguridade da cadea alimentaria humana e animal.

 

Os subprodutos animais clasifícanse en materiais de categoría 1, 2 e 3, en función do seu nivel de risco para a saúde pública e a saúde animal, sendo os de categoría 3 os que entrañan un menor risco.

 

A competencia para a concesión de autorizacións administrativas e o control dos residuos SANDACH en Galicia corresponde á Consellería de Medio Rural e do Mar e á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

 

Dentro da Lista Europea de Residuos, os residuos que poden estar considerados como subprodutos animais e polo tanto baixo o ámbito de aplicación do Regulamento nº 1069/2009 son os que constan na seguinte táboa:

 

Lista de residuos que poden ser SANDACH

020102

Residuos de tecidos animais da agricultura, horticultura, acuicultura, silvicultura, caza e pesca

020106

Feces de animais, urina e esterco

020201

Lodos de lavado e limpeza da preparación e elaboración de carne, peixe e outros alimentos de orixe animal

020202

Residuos de tecidos animais da preparación e elaboración de carne, peixe e outros alimentos de orixe animal

020203

Materiais inadecuados para a elaboración da preparación e elaboración de carne, peixe e outros alimentos de orixe animal

020204

Lodos de tratamento in situ de efluentes da preparación e elaboración de carne, peixe e outros alimentos de orixe animal

020501

Materiais inadecuados para a elaboración da industria de produtos lácteos

020502

Lodos de tratamento in situ de efluentes da industria de produtos lácteos

040101

Residuos da esgazadura das peles

040102

Residuos de encalado (pelo, peles, lá)

190502

Fracción non compostada de residuos de procedencia animal ou vexetal

190605

Licores do tratamento anaerobio de residuos animais e vexetais

190606

Lodos de dixestión do tratamento anaerobio de residuos animais e vexetais

190801

Residuos de criba de EDAR

190802

Residuos de desareamento de EDAR

190809

Mesturas de graxas e aceites procedentes da separación de auga/substancias aceitosas, que só conteñen aceites e graxas procedentes de EDAR

190812

Lodos procedentes do tratamento biolóxico de augas residuais industriais

190814

Lodos procedentes doutros tratamentos de augas residuais industriais, que non conteñen substancias perigosas

200125

Aceites e graxas comestibles

 

As instalacións de xestión

 

A continuación indícanse as operacións de tratamento que poden levarse a cabo cos residuos de subprodutos animais e que son consideradas operacións de xestión de residuos segundo a Lei 22/2011, do 28 de xullo:

 

Instalacións de incineración: os residuos de subprodutos animais, de forma independente ou mesturados con outros tipos de residuos, poden ser sometidos a procesos de tratamento térmico. A operación de tratamento estará considerada como valorización (R1: Utilización principal como combustible ou outro modo de producir enerxía) ou eliminación (D10: Incineración en terra) en función de se existe ou non no proceso recuperación de enerxía.

 

As instalacións de incineración deberán cumprir coas condicións e requisitos de funcionamento, así como cos valores límite de emisión de contaminantes establecidos no Real Decreto 815/2013, do 18 de outubro, polo que se aproba o Regulamento de emisións industriais e de desenvolvemento da Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación: 

 

  • Técnicas de medición das emisións á atmosfera e ás augas que cumpran co disposto no anejo 2, parte 3 do Real Decreto 815/2013, do 18 de outubro.
  • Persoal responsable da xestión da instalación con aptitude técnica suficiente.
  • Un sistema que permita que a temperatura dos gases derivados do proceso de combustión se eleve de xeito controlado e homoxéneo ata 850º C durante, como mínimo, dous segundos.
  • Un sistema automático que impida a alimentación dos residuos na posta en marcha ou durante o ciclo, ata ter alcanzada a temperatura de 850º C, ou cando se superen os valores límites de emisión por fallos nos dispositivos de depuración.
  • Técnicas que impidan emisións á atmosfera que provoquen unha contaminación atmosférica significativa a nivel do solo.
  • Un sistema de recollida e tratamento dos posibles derramos e augas contaminadas.

 

Instalacións de eliminación en vertedoiro: estas instalacións deberán cumprir cos requisitos establecidos na lexislación relativa a vertedoiros, en especial coa Orde do 20 de xullo de 2009 pola que se regula a construción e a xestión dos vertedoiros no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

 

SANDACH

Vaso de vertido de residuos sen explotar

 

 

Debe terse en conta que a eliminación debe ser a última opción de xestión de residuos. Sen embargo, neste caso dos residuos de subprodutos animais, a normativa de SANDACH establece como único tratamento posible a eliminación para algúns dos subprodutos en función da súa orixe e as súas características.

 

 

Instalacións de tratamento de residuos para a obtención de biogás: este tipo de instalacións someten os residuos a un proceso de transformación biolóxica (dixestión anaerobia), que consiste na descomposición dos residuos por parte de certos tipos de microorganismos en sistemas pechados en ausencia de osíxeno, de forma que se poida xerar unha atmosfera apropiada para que os microorganismos realicen a degradación.

 

 

SANDACH

 

Liña de saída de biogás nun proceso de biometanización

 

Como consecuencia desta reacción biolóxica de biometanización prodúcese unha mestura de metano e dióxido de carbono fundamentalmente, que se coñece como biogás, e pode utilizarse como combustible en equipos específicamente deseñados, de forma similar ao gas natural. O residuo degradado sae do proceso como un lodo de dixestión.

 

Instalacións de compostaxe de residuos: este tratamento supón a valorización de residuos orgánicos, entre os que se poden incluír residuos de subprodutos animais, someténdoos a procesos de compostaxe para a obtención de produtos fertilizantes. Neste caso os produtos resultantes deben cumprir co establecido no Real decreto 506/2013, do 28 de xuño, sobre produtos fertilizantes, e as súas modificacións.

 

SANDACH

Pila de compost elaborado

 

Os residuos de subprodutos animais que poden ser tratados mediante este proceso, son os que constan na seguinte táboa:

 

Residuos que poden ser SANDACH admisibles para a elaboración de fertilizantes

020102

Residuos de tecidos animais da agricultura, horticultura, acuicultura, silvicultura, caza e pesca

020106

Feces de animais, urina e esterco

020201

Lodos de lavado e limpeza da preparación e elaboración de carne, peixe e outros alimentos de orixe animal

020202

Residuos de tecidos animais da preparación e elaboración de carne, peixe e outros alimentos de orixe animal

020203

Materiais inadecuados para a elaboración da preparación e elaboración de carne, peixe e outros alimentos de orixe animal

020204

Lodos de tratamento in situ de efluentes da preparación e elaboración de carne, peixe e outros alimentos de orixe animal

020501

Materiais inadecuados para a elaboración da industria de produtos lácteos

020502

Lodos de tratamento in situ de efluentes da industria de produtos lácteos

040101

Residuos da esgazadura das peles

190502

Fracción non compostada de residuos de procedencia animal ou vexetal

190605

Licores do tratamento anaerobio de residuos animais e vexetais

190606

Lodos de dixestión do tratamento anaerobio de residuos animais e vexetais

190812

Lodos procedentes do tratamento biolóxico de augas residuais industriais

190814

Lodos procedentes doutros tratamentos de augas residuais industriais, que non conteñen substancias perigosas

200125

Aceites e graxas comestibles

 

Autorización para a xestión de SANDACH

 

Aqueles residuos de subprodutos animais e de produtos derivados que vaian a ser destinados a operacións de incineración, eliminación en vertedoiro, a unha planta de biogás ou de compostaxe, considéranse incluídos dentro do ámbito de aplicación da Lei 22/2011, do 28 de xullo, e polo tanto para poder xestionar estes materiais (sen prexuízo das autorizacións necesarias por parte da Consellería de Medio Rural e do Mar) deberá solicitar autorización como xestor de valorización de residuos non perigosos, para os códigos LER de residuos de materiais SANDACH que pretenda valorizar na instalación.

 

A solicitude de autorización como xestor de valorización de residuos non perigosos ou non perigosos, debe conter a documentación establecida no Decreto 174/2005, do 9 de xuño, polo que se regula o réxime xurídico da produción e xestión de residuos e o Rexistro Xeral de Produtores e Xestores de Residuos de Galicia, e na Lei 22/2011, do 28 de xuño, de residuos e solos contaminados. Se quere consultar o procedemento e a documentación a aportar prema aquí .

 

En todo caso, para obter a autorización como xestor para os residuos SANDACH, é necesario que a instalación estea considerada pola Consellería de Medio Rural e do Mar como destino autorizado para as categorías e coas condicións que esta especifique.