CMAOT

CMATI

|
|
|
Compartir

Solicitude de alta para novos usuarios

Pode solicitar a alta como novo usuario de SIRGa cubrindo un simple formulario

Para acceder á parte privada de SIRGa o usuario debe dispoñer do contrasinal que lle facilitará a Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental tras a súa solicitude.

En función do trámite ou consulta a realizar pode vostede solicitar usuario de acceso de nivel 1 ou 2:

Acceso de nivel 1: con clave de acceso

Poderá realizar as seguintes consultas:

  • Consulta en tempo real dos expedientes que está tramitando.
  • Consulta das autorizacións e inscricións do Rexistro Xeral de Produtores e Xestores.
  • Consulta do Libro de Rexistro.

Para rexistrarse no sistema nesta modalidade cubra o bloque primeiro do formulario de alta cos datos relativos á empresa.

Acceso de nivel 2: con certificado dixital

Ademais das consultas do acceso de nivel 1 os usuarios de nivel 2 poderán:

  • Realizar a tramitación telemática dos documentos de traslado de residuos perigosos, substituíndo así a presentación dos documentos impresos en papel.
  • Anotar os traslados de residuos no Libro de Rexistro, cumprindo así coa obriga legal de levar o arquivo cronolóxico.

Para rexistrarse no sistema nesta modalidade é necesario cumprir o seguinte:

  1. Debe dispoñer dun certificado dixital de persoa física ou xurídica expedido pola Fábrica Nacional de Moneda y Timbre - Real Casa de la Moneda baixo a norma X.509 V3. Este certificado é gratuíto, e pódese solicitar en www.cert.fnmt.es (Dispón de máis información en http://www.xunta.es/certificado-e-sinatura-dixitais). Tamén pode facer uso do DNI electrónico (máis información en http://www.dnielectronico.es)
  2. O certificado debe estar instalado no ordenador do responsable dos datos, podéndose acceder a el por medio dos navegadores de internet. (En Internet Explorer: menú Ferramentas -> Opcións de Internet -> Contidos -> Certificados)
  3. O explorador de internet ten que ter instalada e actualizada a máquina virtual de Java. A actualización pódese descargar de forma gratuíta no enderezo www.java.com/es.
  4. O/A representante legal da empresa debe presentar ante a Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental unha declaración xurada na que identifica á/as persoa/s designadas como responsable/s da introdución de datos en SIRGa. Esta declaración xurada será xerada automaticamente polo sistema no momento en que se envíen os datos do formulario de alta.

Se ao longo do tempo precisa modificar os datos da persoa designada como responsable dos datos debe presentar cuberto perante esta secretaría o modelo de “Altas e Baixas de Responsables” que figura no final desta páxina. 

  1. Debe cubrir cubrir os dous bloques do formulario de alta cos datos relativos á empresa e á persoa designada como responsable dos datos; esta última é quen vai asinar os documentos con sinatura dixital en nome da empresa.

Cambio de acceso de nivel 1 a 2

 

Se vostede xa é usuario de nivel 1 e quere solicitar o nivel 2 ten que cumprir os puntos 1 a 4 anteriores e presentar perante esta secretaría o modelo de “Declaración xurada” que figura no final desta páxina. Non ten que volver a cubrir o formulario de alta.

 

Representación

De acordo coa Resolución do 23 de maio do 2008 é posible que calquera persoa física ou xurídica actúe en representación dos interesados para a realización dos trámites telemáticos habilitados no SIRGa, mediante a presentación ante a administración do acordo de representación asinado conforme ao modelo que figura no final desta páxina.

  • Condición de Representado Pode ter a condición de representado calquera persoa física ou xurídica produtora ou xestora de residuos, sobre a cal recaen as obrigas documentais que establece a lexislación aplicable en materia de residuos.
  • Condición de Representante Pode ter a condición de representante calquera persoa física ou xurídica que sexa usuario rexistrado do SIRGa con nivel de acceso 2º (con certificado dixital) con excepción daqueles autorizados ou inscritos para desenvolver actividades de xestión de residuos, xa que dificulta o contraste da información entre produtor e xestor de residuos.
  • Representación Múltiple Un mesmo representado pode outorgar a súa representación a unha ou varias persoas tanto físicas como xurídicas. Un mesmo representante pode dispoñer da representación de un ou varios produtores ou xestores de residuos. En todo caso, o/s representado/s deben figurar no listado de contactos (clientes) do representante.
  • Modificación Calquera modificación posterior dos datos achegados deberá comunicarse por escrito á Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.
  • Vixencia O acordo de representación estará vixente mentres que o representado non manifeste o contrario ante a Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental ou ata que o representante cancele o acceso como usuario do SIRGa.
  • Revogación En calquera momento o representante e/ou o representado poderán rescindir o acordo de representación mediante escrito dirixido á Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

 

Documento/s relacionados