CMAOT

CMATI

|
|
|
Compartir

SIX autorizados en Galicia

O Real Decreto 206/2008, do 15 de febreiro, sobre pilas e acumuladores e a xestión ambiental dos seus residuos establece que os sistemas integrados de xestión deben ser autorizados polas comunidades autónomas nas que se implanten territorialmente e deben darse publicidade á súa autorización.

Mediante resolucións ditadas pola Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, foron autorizados no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia os seguintes sistemas integrados de xestión de residuos de pilas e acumuladores:

  • Fundación para la Gestión Medioambiental de Pilas (ECOPILAS)
  • European Recycling Platform (ERP)
  • Fundación ECOLEC

Estes sistemas integrados de xestión encárganse da xestión dos residuos de pilas e acumuladores portátiles usados (RPA portátiles) recollidos na comunidade.

Documento/s relacionados
  • Autorización da Fundación para la Gestión Medioambiental de Pilas (ECOPILAS) Descargar  (1181 KB)
  • Autorización de European Recycling Platform (ERP) Descargar  (1100 KB)
  • Autorización da Fundación ECOLEC Descargar
Ligazon/s relacionadas
Contacto/s relacionados