CMAOT

CMATI

|
|
|
Compartir

Servizos web

¿Quere simplificar o intercambio de información en materia de residuos? Conecte o seu sistema de información a GaIA eResiduos

GaIA terá como una das súas principais novidades o uso de Web Services (baseados no estándar E3S) para favorecer a tramitación electrónica E3L. As empresas que o desexen poderán integrar os seus sistemas de información internos co sistema GaIA eResiduos de xeito automatizado. Trátase dunha opción moi recomendable cando a empresa ten un volume importante de documentación a presentar relativa a traslados.

Os web services E3S permiten presentar:

  1. Notificacións previas de traslados.
  2. Traslados de residuos perigosos en formato E3L (DCS).
  3. Traslados de residuos non perigosos (TNP).

Debe ter en conta que, aínda que presente os documentos por esta vía, terá que aceptar os traslados rexistrados mediante sinatura electrónica a través da aplicación web tal e como se recolle na normativa en vigor.

Para conectarse á plataforma GaIA mediante o uso de Web Services o usuario administrador da conta da empresa deberá dirixirse ó apartado de creación de novos usuarios dentro da plataforma, e pinchar no apartado “Acceso aos servizos web”. Dispón de información adicional de configuración no manual do usuario Apéndice III. Requisitos de integración servizos Web.