Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

CMATI

|
|
|
Compartir

Preguntas máis frecuentes

Que se entende por residuo perigoso?

Son residuos perigosos aqueles que polo seu contido, forma de presentación ou outras características poidan considerarse como tal, incluíndo os recipientes e envases que os contiveron.

Considéranse residuos perigosos:

  • Os que figuran na lista de residuos perigosos aprobada polo Real Decreto 952/1997. Os residuos terán a consideración de tóxicos e perigosos cando, ademais de conter calquera das substancias que figuran na táboa 4 do anexo I, presentan algunha das características mencionadas na táboa 5 do mesmo anexo. Os que están cualificados como perigosos (cun asterisco*) na Lista Europea de Residuos (LER).
  • Os que están cualificados como perigosos pola normativa comunitaria.
  • Os que poida aprobar o Goberno de conformidade co establecido na normativa europea ou nos convenios internacionais dos que España sexa parte.

Como se pode determinar se un residuo é perigoso?

Para elo seguiranse os seguintes pasos:

  1. Consultar a Lista Europea de Residuos (Orde MAM/304/2002) e, se o residuo ten asociado un asterisco (*) ao carón do código, o residuo é considerado perigoso.
  2. Consultar a ficha de seguridade do produto do cal procede, na que se pode atopar información sobre o carácter perigoso ou non.
  3. Se ningunha das opcións anteriores aclara a cuestión, o mellor é facer unha caracterización analítica do residuo a través dun laboratorio acreditado para elo.

Se o posuidor dun residuo que figura na lista europea de residuos como perigoso proporciona as probas documentais pertinentes que demostran que o residuo non amosa ningunha das características de perigosidade que o catalogan como tal, a Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático poderá decidir se o residuo se considera non perigoso.

Quen é produtor de residuos perigosos?

Son produtores de residuos perigosos aqueles que xeren ou importen residuos perigosos e aquelas actividades que xeren ou importen produtos que polo seu uso poderán dar lugar a residuos perigosos.

Quen é pequeno produtor de residuos perigosos?

Os produtores que xeren ou que importen menos de 10.000 kg ao ano de residuos perigosos.
A Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático poderá denegarlles ou autorizarlles a inscrición no Rexistro Xeral a produtores que non alcancen ou que superen a cantidade de residuos sinalada, en atención ao risco destes para a saúde humana, os recursos naturais e o ambiente.

 

Qué documentos deben acompañar ós residuos perigosos durante o seu traslado

O documento de identificación (DI) debe acompañar a todo traslado de residuos, tanto perigosos como non perigosos, dende a orixe ata a súa recepción na instalación de destino coa información contida no anexo I do Real Decreto 180/2015, segundo se determina no artigo 6.

 

Que é e que contido debe ter o Arquivo Cronolóxico?

Tal e como se establece no artigo 40 da Lei 22/2011, o produtor de residuos perigosos, independentemente de si é pequeno produtor ou non, está obrigado a levar un arquivo cronolóxico dos residuos que produce no que deberá facer constar os seguintes datos:

  • Cantidade
  • Natureza
  • Orixe
  • Destino
  • Método de tratamento dos residuos
  • Medio de transporte e frecuencia da recollida
  • Información contida na acreditación documental das operacións de produción e xestión dos residuos.

Non existe un documento oficial de arquivo cronolóxico e este pode ser elaborado pola propia empresa sempre e cando inclúa como mínimo os campos anteriormente citados.

Ata o ano 2015 os produtores e xestores de residuos perigosos ou non perigosos podían rexistrar todos os movementos e cambios de titularidade dos residuos que xeraban ou xestionaban no Libro de Rexistro que para o efecto, e en formato electrónico, estaba dispoñible no SIRGa.

Na actualidade o SIRGa para usuarios rexistrados segue dispoñible para consulta. A efectos de levar o arquivo cronolóxico foi sustituído pola plataforma GaIA.

Os pequenos produtores de residuos perigosos teñen que presentar Declaración Anual?

Non, só teñen que presentala os produtores que xeran unha cantidade igual ou superior a 10.000 Kg/ano.

Canto tempo hai que conservar os documentos xerados na xestión dos residuos?

Os produtores de residuos perigosos deben rexistrar e conservar os Contratos de Tratamento, Documentos de Aceptación, Documentos de Identificación, Documentos de Control e Seguimento, Declaracións Anuais, xustificantes de entrega, e demais, durante un período non inferior a 5 anos, co fin de xustificar que a xestión dos residuos se leva a cabo axeitadamente.