Son residuos perigosos aqueles que polo seu contido, forma de presentación ou outras características poidan considerarse como tal, incluíndo os recipientes e envases que os contiveron.
Considéranse residuos perigosos:
Para elo seguiranse os seguintes pasos:
Se o posuidor dun residuo que figura na lista europea de residuos como perigoso proporciona as probas documentais pertinentes que demostran que o residuo non amosa ningunha das características de perigosidade que o catalogan como tal, a Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental poderá decidir se o residuo se considera non perigoso.
Son produtores de residuos perigosos aqueles que xeren ou importen residuos perigosos e aquelas actividades que xeren ou importen produtos que polo seu uso poderán dar lugar a residuos perigosos.
Os produtores que xeren ou que importen menos de 10.000 kg ao ano de residuos perigosos.
A Secretaría Xeral de Calidade e avaliación ambiental poderá denegarlles ou autorizarlles a inscrición no Rexistro Xeral a produtores que non alcancen ou que superen a cantidade de residuos sinalada, en atención ao risco destes para a saúde humana, os recursos naturais e o ambiente.
Os residuos perigosos durante o seu traslado dende un centro produtor ou xestor a outro centro xestor deben ir en todo momento acompañados polo documento que os identifiquen tanto na súa composición como na titularidade dos mesmos. Existen diferentes documentos en función da cantidade xerada de residuo:
O produtor de residuos perigosos, independentemente de si é pequeno produtor ou non, está obrigado a levar un rexistro dos residuos que produce. No dito rexistro deberán facer constar os seguintes datos:
Non existe un documento oficial de libro rexistro e este pode ser elaborado pola propia empresa sempre e cando inclúa como mínimo os campos anteriormente citados.
Mediante Resolución do 23 de maio do 2008, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, os produtores e xestores de residuos perigosos ou non perigosos poden rexistrar todos os movementos e cambios de titularidade dos residuos que xeran ou xestionan no Libro de Rexistro que para o efecto, e en formato electrónico, está dispoñible no SIRGa.
Non, só teñen que presentala os produtores que xeran unha cantidade igual ou superior a 10.000 Kg/ano.
Os produtores de residuos perigosos deben rexistrar e conservar os Documentos de Aceptación, Documentos de Control e Seguimento, Declaracións Anuais, xustificantes de entrega, e demais, durante un período non inferior a 5 anos, co fin de xustificar que a xestión dos residuos se leva a cabo axeitadamente.