Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

CMATI

|
|
|
Compartir

Preguntas máis frecuentes

Que se entende por residuos de aparellos eléctricos e electrónicos procedentes de fogares particulares?

Segundo o artigo 3º. l do Real Decreto 110/2015, son residuos de aparellos eléctricos e electrónicos procedentes de fogares particulares ou de fontes comerciais, industriais, institucionais e doutro tipo que, pola súa natureza e cantidade, sexan similares aos procedentes de fogares particulares.

Quen é distribuidor de aparatos eléctricos e electrónicos?

Considérase calquera persoa física ou xurídica da cadea de subministración que, con independencia da técnica de venda utilizada, comercialice un aparello eléctrico e electrónico (AEE). A presente definición non impedirá a un distribuidor ser ao mesmo tempo produtor de AAE.

Os residuos de aparellos eléctricos e electrónicos (RAEE) están considerados residuos perigosos ou non perigosos?

Hai que diferenciar se son residuos de aparellos eléctricos e electrónicos procedentes de fogares particulares ou pola contra proceden de usos profesionais.

Coa entrada en vigor da Lei 22/2011, do 28 de xullo, de Residuos e Solos Contaminados, os residuos domésticos (procedentes de fogares particulares) non se considerarán como residuos perigosos ata que non sexan aceptados por unha entidade ou empresa rexistrada para a súa recollida ou tratamento.

Sen embargo se a procedencia dos residuos de aparellos eléctricos e electrónicos é de uso profesional considéranse perigosos dende o primeiro momento, dende a saída do centro onde se xeraron.

Todo isto tendo en conta que os residuos de aparellos eléctricos e electrónicos están codificados e clasificados na Lista Europea de Residuos con códigos tanto de perigosos coma de non perigosos, en función da perigosidade dos mesmos.

Existe regulación sobre as condicións que han de reunir os almacenamentos temporais destes residuos?

O artigo 37 apartado 2 do Real Decreto 110/2015 establece que as instalacións de recollida de RAEE deberán ser autorizadas de acordo coa Lei 22/2011, do 28 de xullo. Estas instalacións almacenarán e agruparán os RAEE seguindo as previsións do anexo VIII.1.

Que tipo de autorización necesita unha empresa adicada ó transporte dos residuos de aparatos eléctricos e electrónicos?

O Real Decreto 110/2015 no seu artigo 17.3 establece que o transporte de RAEE realizarano xestores rexistrados salvo os traslados dos RAEE desde os fogares ou desde a tenda do distribuidor á plataforma loxística, «loxística inversa» ou, no seu caso, ás instalacións das entidades locais. Este transporte de RAEE poderá ser realizado polos transportistas que fornezan os AEE novos que cumprirán as condicións de transporte do artigo 17 e non lle será de aplicación a regulación do real decreto de traslados.

Que documentación é necesaria para o transporte dos residuos de aparatos eléctricos e electrónicos? ¿é obrigatorio utilizar os documentos de identificación (DI)?

Tal e como se apuntaba na anterior cuestión o transporte de RAEE realizarano xestores rexistrados salvo os traslados dos RAEE desde os fogares ou desde a tenda do distribuidor á plataforma loxística, «loxística inversa» ou, no seu caso, ás instalacións das entidades locais.

No caso do transporte realizado por xestores rexistrados será de aplicación o disposto no Real Decreto 180/2015 que establece que documento de identificación (DI) debe acompañar a todo traslado de residuos, tanto perigosos como non perigosos.

Para os demais casos nos que non será de aplicación o real decreto de traslados, bastará cun xustificante ou albarán que acredite os RAEE que se trasladan.

Ademáis o Real Decreto 110/2015 no artigo 55 indica que toda a información sobre a recollida e xestión de RAEE recopilarase nunha plataforma electrónica na que se está a traballar. Tan pronto como dita plataforma esté operativa informarase mediante a publicación dunha nova en SIRGa.

Os distribuidores deben contar con autorización para o almacenamento temporal dos residuos de aparatos eléctricos e electrónicos?

Os distribuidores non precisan de autorización para o almacenamento dos residuos de aparatos eléctricos e electrónicos, salvo se se constitúen como plataforma loxística que deberán presentar unha comunicación previa na comunidade autónoma na que estén ubicadas.

O artigo 22º.1 do Real Decreto 110/2015 establece que cando o usuario adquira un novo produto, que sexa de tipo equivalente ou realice as mesmas funcións que o aparello que se desbota, poderá entregalo no acto da compra ao distribuidor, quen deberá recepcionalo temporalmente.

O artigo 22.2 do Real Decreto 110/2015 establece que os distribuidores cunha zona destinada á venda de AEE cun mínimo de 400 m² deberán prever a recollida nos seus puntos de venda de carácter retallista, ou na súa proximidade inmediata, de RAEE moi pequenos de modo gratuíto para os usuarios finais, e sen obriga de compra dun AEE de tipo equivalente.

Que tipo de autorización teñen que ter os xestores de residuos de aparatos eléctricos e electrónicos?

O artigo 37 do RD 110/2015 regula a comunicación, autorización e rexistro dos xestores e instalacións de recollida, almacenamento e tratamento específico de RAEE:

  • As instalacións de recollida de RAEE deberán ser autorizadas de acordo coa Lei 22/2011, do 28 de xullo. Estas instalacións almacenarán e agruparán os RAEE seguindo as previsións do anexo VIII.1. As plataformas loxísticas presentarán unha comunicación previa na comunidade autónoma en que estean situadas, co contido establecido no anexo X, e cumprirán os requisitos de almacenamento do anexo VIII. 1.
  • A autorización dos xestores dedicados á preparación para a reutilización requirirá o cumprimento dos requisitos establecidos no anexo IX.B
  • A autorización das instalacións de tratamento implicará o cumprimento dos requisitos previstos no anexo XIII dedicado aos tratamentos específicos de RAEE e dos obxectivos de valorización do anexo XIV.