CMAOT

CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

Que é un sistema integrado de xestión SIX?

Os residuos das empresas adheridas a un SIX están identificados por un símbolo como garantía de que cumpren coa normativa en materia de xestión de residuos

A Lei 22/2011, do 28 de xullo, de residuos e solos contaminados dedica o título IV á “Responsabilidade do produtor do produto” onde se definen, en aplicación do principio de “quen contamina paga”, as obrigas dos produtores de produtos que co seu uso se converten en residuos podendo dar cumprimento de dúas maneiras:

 1.    De maneira individual montando un sistema propio de xestión dos seus propios residuos.

 2.    De maneira colectiva adheríndose a un sistema integrado de xestión (SIX)

 A segunda opción é a práctica máis habitual para case todos os fluxos de residuos obrigados pola lexislación. Estes sistemas están xestionados por entidades sen ánimo de lucro que poden adoptar diferentes formas xurídicas. As empresas que deciden cumprir as súas obrigas legais a través destes deben colaborar no financiamento para o funcionamento deste sistema.

Como funciona o Sistema Integrado de Xestión (SIX)

Os SIX organizan, deseñan e xestionan os sistemas de recollida de residuos específicos para o seu posterior tratamento e valorización do xeito amosado no seguinte esquema.


 

Ciclo de funcionamento dos SIX

Os SIX creados en virtude das lexislacións específicas actuais para cada fluxo de residuos e actualmente autorizados na nosa comunidade autónoma son os que se indican nos apartados posteriores.