CMAOT

CMATI

|
|
|
Compartir

Traslado de VFU a centros de formación profesional

 O 20 de Marzo de 2012 a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a ConsellerÍa de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e a Asociación Gallega de Tratamiento de Vehículos (TRAVEGA) asinaron o seguinte convenio para a utilización de vehículos fóra de uso nas prácticas do alumnado de formación profesional da familia de transporte e mantemento de vehículos.

Coa sinatura deste Convenio permítese que os centros de tratamento autorizados de VFU poidan ceder temporalmente un vehículo descontaminado ou non descontaminado para fins formativos aos centros de formación profesional da Xunta de Galicia.

 A vixencia do dito convenio así como o seu ámbito de aplicación foron ampliados mediante a sinatura dunha Addenda o pasado 18 de Marzo de 2014. 

 

Traslado dos vehículos fóra de uso

 

Tal e como recolle o Convenio hai que utilizar no traslado de residuos desde os centros de tratamento aos centros de formación o documento de control e seguimento (DCS) que se incorpora como modelo no anexo 1 e que se pode descargar aquí,siguiendo estas instrucciones básicas:

  • Debe solicitar o número deste documento á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.
  • Unha vez cuberto, este documento utilizarase tanto para a entrega como para a devolución do vehículo ao mesmo centro de tratamento que o cedeu. Recoméndase utilizar un documento por nº de bastidor de vehículo.
  • No caso de que se envíen os vehículos descontaminados utilizarase o mesmo modelo de documento de traslado pero indicarase como código LER o 160106 e na descrición “vehículo descontaminado”.

 

Documento/s relacionados
  • Convenio de colaboración Descargar
  • Addenda ao convenio de colaboración Descargar
  • Documento de Control e Seguimento de VFU para centros de formación Descargar
  • Documento de Control e Seguimento de VFU descontaminados para centros de formación Descargar
Contacto/s relacionados