CMAOT

CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

Trámites

O Rexistro Xeral de Produtores e Xestores de Residuos de Galicia recolle todas as inscricións das empresas que realizan actividades de produción e/ou xestión de residuos.

En función das actividades realizadas pola súa empresa, terá vostede a obriga de obter autorización previa ou comunicar as actividades realizadas en materia de produción e xestión de residuos.

As autorizacións outórganse por un período de 5 anos, pasado o cal se renovarán automaticamente por períodos sucesivos.

Para as actividades suxeitas ao réxime de comunicación as inscricións no rexistro teñen duración ilimitada, non sendo preciso que realicen novas comunicacións, a non ser que se produza algunha modificación substancial na súa actividade.

Pode atopar nas distintas subseccións a información relativa aos procedementos de autorización e comunicación, aos seus trámites asociados, e ás obrigas relacionadas co seguimento das citadas inscricións.