Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

CMATI

|
|
|
Compartir

Residuos agrarios

  • Plásticos de ensilado
  • Envases fitosanitarios

Os residuos agrarios son residuos xerados nas actividades do sector primario da economía (agricultura, gandería, pesca, actividade forestal, …). 

En relación a este tipo de residuos, a estratexia de xestión estableceuse no Plan de Xestión de Residuos Agrarios de Galicia. O obxectivo principal deste plan é xestionar adecuadamente os residuos xerados na actividade agraria, definindo para iso unha serie de actuacións, como a identificación dos impactos xerados pola produción destes residuos, ou o estudo das alternativas de xestión existentes.

 

A maior parte dos materiais xerados neste tipo de actividades son residuos orgánicos. Moitos dos materiais xerados no campo poden ser autoxestionados directamente no propio lugar onde se producen e nestes casos concretos non se poden considerar residuos porque contribúen de forma moi eficaz a manter os nutrientes do solo.

 

Algúns exemplos de residuos agrarios xerados neste tipo de actividades do sector primario serían os seguintes:

 

  • Plásticos de ensilado e invernadoiro
  • Envases fitosanitarios y zoosanitarios (envases de medicamentos, vacinas, produtos de desinfección, ...)
  • Estercos e xurros
  • Cadáveres de animais

 

A competencia para a concesión de autorizacións administrativas e o control dos residuos agrarios en Galicia corresponde á Consellería de Medio Rural e a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.

 

A Lei 22/2011, do 28 de xullo non é aplicable por non considerarse residuos o esterco (salvo que se destine á incineración, ós vertedoiros ou sexan utilizados nunha planta de biogás ou de compostaxe), a palla ou outro material natural, agrícola ou silvícola non perigoso, utilizado en explotacións agrícolas e gandeiras, na silvicultura ou na produción de enerxía a base desta biomasa, mediante procedementos ou métodos que non poñan en perigo a saúde humana ou danen ó medio ambiente.

 

No caso dos cadáveres de animais será de aplicación para a súa eliminación o Regulamento CE nº 1069/2009, do Parlamento Europeo e do Consello, do 21 de outubro de 2009 (Regulamento de subprodutos animais e produtos derivados non destinados ao consumo humano).

Documento/s relacionados
  • Plan de xestión de residuos agrarios de Galicia Descargar