CMAOT

CMATI

|
|
|
Compartir

Limpeza de puntos de vertido incontrolado

O Subprograma de Limpeza de Puntos de Vertido Incontrolado consiste na eliminación, ambientalmente correcta, en vertedoiros controlados de rexeitamentos de aqueles residuos que, por distintas razóns, non poden ser recuperados ou valorizados por outros métodos contemplados no Programa de Adecuación, Selado e Clausura de Vertedoiros.

Un vertedoiro incontrolado é un foco de contaminación e de riscos sanitarios, e incluso de incendios. Coa clausura preténdese:

  • Minimizar e corrixi-los impactos orixinados permitindo a integración do lugar co seu entorno.
  • Elimina-lo hábito que na poboación existe de seguir depositando lixo en ditos lugares, perséguese actuar de forma disuasoria, engadindo a realización de plantacións, hidrosementas e a colocación de carteis informativos que prohiban o seu uso como vertedoiros.

Que é a limpeza de puntos de vertido incontrolado?

As obras a realizar serán encamiñadas en liñas xerais da seguinte maneira:

  1. Recollida e separación dos residuos:
    Escolla dos residuos, por un xestor autorizado, aqueles que teñan consideración de Residuos Perigosos (RP) no seu caso (latas de aceite, filtros de aceite, envases de pintura, etc.)
  2. Traslado dos residuos:
    No caso dos RSU e asimilables a urbanos o destino final dos mesmos será o vertedoiro municipal que corresponda ó lugar no que se realice a actuación, en caso de non existir, o da mancomunidade de municipios onde se vertan os residuos de dito municipio. No caso de que non sexa posible, os residuos destinaranse ó depósito temporal da Sociedade Galega de Medio Ambiente no concello de Cerceda (A Coruña). No caso dos RPs, o destino final dos mesmos será o Centro de Tratamento de Residuos Industriais de Galicia, no municipio de As Somozas (A Coruña). As labores de descontaminación comprenderán, fundamentalmente, a recollida, separación, transporte e entrega a xestor autorizado o vertido en vertedoiro autorizado, segundo o tipo de residuos.
  3. Rexeneración da zona:
    Unha vez retirados os residuos, procederase ó acondicionamento da zona do vertido mediante a compactación seguido dun recubrimento a lo menos de 40 cm. de terra vexetal e sementa de vexetación acorde co entorno, para logra-la súa integración paisaxística.