Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

CMATI

|
|
|
Compartir

Outros residuos

Existen certos fluxos de residuos que, pola súa procedencia ou polas súas características concretas non son controlados de forma exclusiva pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, senón que existen outros organismos implicados, velando pola correcta xestión destes residuos.

É o caso por exemplo dos residuos sanitarios, para os que cabería distinguir entre a xestión que se fai nos propios centros nos que se producen estes residuos, e a xestión extracentro. A competencia para o control da xestión destes residuos en Galicia corresponde á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e á Consellería de Sanidade.

Similar é o caso dos residuos agrarios, para os que se leva un control da xestión destes residuos desde a Consellería de Medio Rural e a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.

Os residuos que están considerados como subprodutos animais non destinados ao consumo humano (SANDACH) tamén están no caso anterior, no que a Consellería de Medio Rural e a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda teñen competencias compartidas á hora de establecer os controis para a xestión deste tipo de residuos.