CMAOT

CMATI

|
|
|
Compartir

Fluxos de residuos

RCD, RAEE ou VFU, correspóndense con fluxos de residuos que requiren duns determinados procesos de xestión en instalacións cunhas características técnicas concretas que cumpran co esixido na normativa específica correspondente

Tendo en conta a orixe ou actividade xeradora dos residuos, estes poden clasificarse en residuos domésticos, comerciais e industriais. Por outra banda, poderíase facer unha clasificación máis detallada dos residuos en función do sector ou actividade concreta que xera o residuo, ou ben en función da natureza dos residuos xerados.

Desta forma, algúns dos fluxos de residuos que podemos establecer serían os residuos de construción e demolición (RCD), residuos de aparellos eléctricos e electrónicos (RAEE), vehículos ao final da súa vida útil (VFU), pneumáticos ao final da súa vida útil (NFU), aceites usados, lodos de depuradora, residuos inertes, residuos perigosos, residuos que conteñen bifenilos policlorados (PCB), etc.

Hoxe en día a tendencia é que a lexislación relativa a residuos se aplique de forma concreta para grupos determinados de residuos con características comúns. Desta forma, é importante coñecer as características dos distintos fluxos de residuos e a lexislación aplicable en cada caso.