CMAOT

CMATI

|
|
|
Compartir

Envases de medicamentos

  • Envases de medicamentos: de cartón, blister.
  • Envases de medicamentos: frascos
  • Envases de medicamentos: frascos

Definicións

Envase: todo produto fabricado con materiais de calquera natureza e que se utilice para conter, protexer, manipular, distribuír e presentar mercadorías, desde materias primas ata artigos acabados, en calquera fase da cadea de fabricación, distribución e consumo. Consideraranse tamén envases todos os artigos desbotables utilizados con este mesmo fin. Dentro deste concepto inclúense unicamente os envases de venta ou primarios, os envases colectivos ou secundarios e os envases de transporte ou terciarios.

Residuo de envase: todo envases ou material de envase do cal se desprenda o seu posuidor ou teña a obrigación de desprenderse en virtude das disposicións en vigor.

Medicamento: toda substancia ou combinación de substancias que se presente como posuidora de propiedades para o tratamento ou prevención de enfermidades en seres humanos, ou que poidan usarse, ou administrarse a seres humanos co fin de restaurar, corrixir ou modificar as funcións fisiolóxicas exercendo unha acción farmacolóxica, inmunolóxica ou metabólica, ou de establece un diagnóstico médico.

Todos os envases de medicamentos comercializados en España a través das farmacias levan impreso o símbolo SIGRE simbolo SIGRE indicando deste xeito que estes produtos se atopan adheridos ao sistema integrado de xestión SIGRE.

Mediante a Circular nº 1/2011 da Axencia Española de Medicamentos e Produtos Sanitarios regula, entre outros, a información que deben engadir todos os medicamentos nos seus prospectos en relación a como eliminar de forma adecuada e responsable os medicamentos non utilizados que se xeran nos domicilios.

A lenda que deben incluír ao final dos prospectos é: "Los medicamentos no se deben tirar por los desagües ni a la basura. Deposite los envases y los medicamentos que no necesita en el Punto SIGRE simbolo SIGRE de la farmacia. En caso de duda pregunte a su farmacéutico cómo deshacerse de los envases y de los medicamentos que no necesita. De esta forma, ayudará a proteger el medio ambiente".


 

Codificación e clasificación

Os residuos de medicamentos segundo a Orde MAM/304/2002, de 8 de febreiro, pola que se publican as operacións de valorizacións e eliminación de residuos e a lista europea de residuos codifícanse e clasifícanse da seguinte maneira:

CÓDIGO LER

DESCRICIÓN

20 01 31*

Medicamentos citotóxicos e citostáticos

20 01 32

Medicamentos distintos dos especificados no código 20 01 31