CMAOT

CMATI

|
|
|
Compartir

Envases lixeiros e envases de papel-cartón

  • Envases lixeiros
  • Envases de papel-cartón
  • Punto verde

 Definicións

Envase: todo produto fabricado con materiais de calquera natureza e que se utilice para conter, protexer, manipular, distribuír e presentar mercadorías, desde materias primas ata artigos acabados, en calquera fase da cadea de fabricación, distribución e consumo. Consideraranse tamén envases todos os artigos desbotables utilizados con este mesmo fin. Dentro deste concepto inclúense unicamente os envases de venta ou primarios, os envases colectivos ou secundarios e os envases de transporte ou terciarios.

Residuo de envase: todo envase ou material de envase do cal se desprenda o seu posuidor ou teña a obrigación de desprenderse en virtude das disposicións en vigor.

Envases lixeiros: son envases de composicións e tipos moi diferentes, que comparten unha característica común: pesan moi pouco para o volume que ocupen. Son as botellas e envases de plástico, metais e envases de cartón para bebidas (brik) ou outros envases mixtos.

Envases de papel-cartón: caixas de cartón, bolsas, sacos, papel de embalar, etc.

 

Marcado e identificación

Dende a entrada en vigor no ano 1998 da Lei de Envases, Lei 11/1997, do 24 de abril, de Envases e Residuos de Envases, todos os envasadores e comerciantes de produtos envasados consumidos por particulares ou domésticos teñen obriga de financiar e poñer en funcionamento un sistema de recollida selectiva e reciclado dos envases que poñen no mercado. Esta obriga legal pódese cumprir de dúas formas:

  • Individualmente, mediante un sistema de depósito, devolución e retorno (SDDR).
  • Colectivamente, a través dun sistema integrado de xestión (SIX).

Esta obriga refórzase co título IV da nova Lei de residuos: responsabilidade ampliada do produtor do produto.

Deste xeito todos os envases comercializados en España que se poñen no mercado por empresas adheridas ao SIX deben identificarse mediante o símbolo denominado “Punto Verde” que se mostra a continuación punto verde na súa superficie exterior de maneira visible, lexible e indeleble.

 

 Segundo o indicado na Disposición adicional 1ª da citada Lei quedan excluídos destas obrigas os envases industriais ou comerciais, que son aqueles que non son de uso e consumo ordinario nos domicilios particulares. Sen embargo o responsable da posta no mercado poderá voluntariamente adherirse a un SIX.

No caso de adherirse ao indicado na Disposición adicional 1ª estes axentes económicos deben comunicalo a cada unha das Comunidades Autónomas onde comercialice os seus produtos e indicar aos seus clientes que cando o envase se converta en residuo son eles, como posuidor final dos residuos, os responsables da súa entrega a un xestor autorizado.

 

Subministro de información

Os axentes económicos implicados na xestión dos envases deben subministrar ao órgano competente da Comunidade autónoma na que estean domiciliados a información que obre no seu poder de acordo co establecido no artigo 15.

Para as empresas adheridas a un SIX de envases o propio SIX facilita o cumprimento deste requisito legal. Pode consultar máis información sobre a declaración de envases premendo aquí. 

 

Plan empresarial de prevención

Os plans empresariais de prevención elabóranse co obxectivo de reducir a cantidade de residuos de envases que se xeran ao comercializar os produtos. O artigo 3 do Real Decreto 782/1998, do 30 de abril polo que se aproba o Regulamento para o desenvolvemento e execución da Lei 11/1997, do 24 de abril, de Envases e Residuos de Envases establece que estarán obrigados a elaborar un plan empresarial de prevención os responsables da posta no mercado de produtos envasados ou de envases industriais ou comerciais que, tralo seu uso, xeren unha cantidade de residuos de envases superior a:

• 250 t. , cando se trata exclusivamente de vidro

• 50 t. , cando se trata exclusivamente de aceiro

• 30 t. , cando se trata exclusivamente de aluminio

• 21 t. , cando se trata exclusivamente de plástico

• 16 t. , cando se trata exclusivamente de madeira

• 14 t. , cando se trata exclusivamente de cartón, ou materiais compostos

• 350 t. , cando se trata de varios materiais e cada un de eles non supera de forma individual, as cantidades anteriores

 

Codificación e clasificación

Os residuos de envases lixeiros e de envases de papel-cartón recollidos de forma selectiva segundo a Orde MAM/304/2002, de 8 de febreiro, pola que se publican as operacións de valorizacións e eliminación de residuos e a lista europea de residuos codifícanse e clasifícanse da seguinte maneira:

CÓDIGO LER
DESCRICIÓN
150106
Envases mesturados
150101
Envases de papel e cartón