Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

CMATI

|
|
|
Compartir

Colectores soterrados

Obxectivo

Fundamentalmente a vía cara ó crecemento da reciclaxe debe consistir na separación en orixe de residuos limpos e na recollida destes residuos en colectores separados.

Preténdese consegui-la implantación xeneralizada de sistemas de recollida selectiva no ámbito doméstico.

Obxectivos particulares da instalación de colectores soterrados:

Coa creación de colectores soterrados perséguese:

  • Mantemento e recuperación da estética urbana (lugares turísticos, históricos, monumentais, parques...)
  • Ocultación á vista dos colectores habituais de superficie.
  • Adaptación de bocas de vertido ó mobiliario existente na zona (pedra, fundición, madeira...)
  • Aforro do gasto de recollida, ó poder aumentar a capacidade de almacenamento.
  • Aforro do gasto de reposición de colectores, ó non estar estes expostos ás agresións vandálicas e meteorolóxicas.
  • Recollida selectiva na orixe, con desaparición de olores, ó estar hermeticamente pechados.
  • Gran adaptación gradual á zona de emprazamento, podéndose colocar un número variable de colectores.
  • Evita-lo abandono de bolsas fóra dos colectores habituais.
  • Gran adaptación gradual á zona de emprazamento, podéndose colocar un número variable de colectores.
  • Sistema de sinxelo manexo e doado mantemento.