CMAOT

CMATI

|
|
|
Compartir

Preguntas máis frecuentes

Cómo podo coñecer se un aparato contén PCB?

Ante a posibilidade de que un aparello posúa PCB pode analizarse o seu contido utilizando como método analítico a norma UNE-EN 61619.

Se consideran como aparellos que conteñen PCB aqueles que conteñan ou conterán PCB sempre que non se descontaminaran por baixo de 0.005 por 100 en peso de PCB (50 ppm). Estes aparellos poden ser transformadores eléctricos, resistencias, indutores, condensadores eléctricos, arrancadores, equipos con fluídos termocondutores, equipos subterráneos de minas con fluídos hidráulicos e recipientes que conteñan cantidades residuais.

Que se debe facer se posúe un aparello que contén PCB?

  • Declarar anualmente a posesión de aparellos sometidos a inventario, as previsións para a súa descontaminación ou eliminación, e identificar os aparellos xa descontaminados ou eliminados.
  • Descontaminar ou eliminar, antes do 1 de xaneiro de 2011, os PCB e aparellos que os conteñen, coas características e prazos establecidos pola normativa.
  • Etiquetar convenientemente os aparellos e os locais onde están situados.
  • Acreditar, cando sexa preceptivo, o contido de PCB mediante análises químicas normalizadas.

Cando se debe descontaminar ou eliminar un aparello que contén ou contera PCB?

Os PCB e aparellos que os conteñan deben ser eliminados ou descontaminados antes do final de 2010; coa excepción dos transformadores eléctricos debilmente contaminados, os cales poden estar operativos ata o fin da súa vida útil.