CMAOT

CMATI

|
|
|
Compartir

Plans, programas e normativa relacionada

O plan de xestión de residuos urbanos de Galicia 2010-2020 aplícase aos residuos orixinados ou xestionados no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia no ámbito das actividades comerciais, de oficinas e de servizos. Este plan é aplicable polo tanto aos residuos comerciais.

Un dos obxectivos do plan é o de fomentar os sistemas de recollida selectiva dos residuos comerciais, e facilitar e potenciar a xestión diferenciada destes residuos para conseguir mellorar os resultados de recollida selectiva globais.

A xestión diferenciada pode levarse a cabo con recollidas privadas, ou mediante os servizos de recollida municipais, xa sexa en circuítos diferenciados ou integrados nos circuítos domiciliarios.

Dentro das liñas estratéxicas propostas no plan de xestión de residuos urbanos inclúense varias medidas relacionadas cos residuos comerciais, tanto desde o punto de vista da prevención como da recollida selectiva da fracción orgánica e dos envases (vidro, cartón e envases lixeiros).