CMAOT

CMATI

|
|
|
Compartir

Plans, programas e normativa relacionada

O Plan de Xestión de Residuos Urbanos de Galicia (PXRUG) 2010-2020, aprobado polo Goberno galego o 13 de xaneiro de 2011, é o instrumento de xestión en materia de residuos domésticos no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.

O Plan nace para fomentar a prevención da xeración de residuos e promocionar a reutilización, a reciclaxe e a valorización dos residuos xerados.

 

Co fin de acadar os obxectivos cuantitativos e cualitativos marcados pola normativa vixente e formulados polo propio Plan, especialmente en materia de prevención e recollida selectiva, desenvólvense dez liñas estratéxicas de actuación:

 

  • Liña estratéxica 1: Plan de comunicación e educación ambiental
  • Liña estratéxica 2: Plan de prevención de residuos
  • Liña estratéxica 3: Fomento da recollida selectiva de fracción orgánica
  • Liña estratéxica 4: Fomento da recollida selectiva de fracción envases
  • Liña estratéxica 5: Fomento da prevención e a recollida selectiva da fracción “outros”
  • Liña estratéxica 6: Plan de ampliación e mellora de puntos limpos
  • Liña estratéxica 7: Ambientalización da administración
  • Liña estratéxica 8: Incremento da planificación territorial e impulso de novos instrumentos para a xestión sostible de residuos
  • Liña estratéxica 9: Planificación da rede de plantas de tratamento
  • Liña estratéxica 10: Potenciación do mercado de reciclaxe e do compost