Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

NIMA

O número de identificación medio ambiental (NIMA) é un código de 10 díxitos que identifica de forma única a un centro, instalación ou emprazamento onde se realicen actividades do ciclo de produción, recollida e xestión de residuos. Este código público é proporcionado de xeito automático pola administración competente tras solicitude por parte do operador do traslado a través da propia plataforma GAIA, módulo de eResiduos, desde o apartado de Mestres/Contactos/ Novo contacto.

Para o caso de NIMA provincial para as empresas de construción e demolición ou os autónomos (non as xestorías, asesorías...) deben personalmente solicitar a creación do NIMA a través do correo electrónico incidencias-gaia@xunta.gal, indicando os seguintes datos: razón social, enderezo da entidade (rúa, código postal e localidade), NIF, CNAE (4 díxitos), número de teléfono, enderezo de correo electrónico e provincia/s para as que solicita o NIMA.

Busca de NIMA para un centro

NIF con 9 caracteres sen puntos nin guións. Exemplos:
A-99.999.997 -> A99999997
5.555.555-C -> 05555555C
Q-1111111-I -> Q1111111I





 


Busca de CENTRO para un NIMA