CMAOT

CMATI

|
|
|
Compartir

Modelos de xestión de residuos domésticos

 

En Galicia conviven hoxe en día os seguintes modelos de xestión de residuos domésticos:

 

Entidade Xestora

Modelo de xestión

Situación da planta de tratamento

Concellos adheridos

Poboación incorporada
segundo censo

   

2012

2012

Sociedade Galega de Medio Ambiente

Recollida diferenciada da fracción Resto e dos envases. Recollida selectiva de papel e vidro. Non separación da fracción orgánica.

CERCEDA

297

2.298.017

94,3%

82,6%

Concello da Coruña e Consorcio das Mariñas

Recollida diferenciada da fracción inorgánica (inclúe os envases) e a fracción orgánica.

Recollida selectiva de papel e vidro.

NOSTIÁN

9

396.668

2,9%

14,3%

Mancomunidade de Concellos da Serra do Barbanza

Recollida diferenciada da fracción inorgánica (inclúe os envases) e a fracción orgánica. Recollida selectiva de papel e vidro.

LOUSAME

9

86.813

2,9%

3,1%

TOTAL

315

2.781.498

 

A diferenza básica entre eles radica na distinta separación en orixe realizada aos residuos domésticos, o cal determinará o tratamento posterior a realizar a eses residuos.

Coñeza cal é o modelo de xestión do seu concello buscándoo no seguinte mapa e consulte a información detallada dese modelo de xestión na pestana correspondente.

Modelos de xestión de residuos domésticos

Mapa dos concellos adheridos a cada modelo de xestión.

O sistema de recollida dos residuos domésticos compleméntase cunha rede de Puntos limpos distribuída ao longo de todo o territorio galego para facilitar a labor de reciclaxe de todos os cidadáns. Consulte o punto limpo máis próximo ao seu fogar premendo aquí.

Dentro das competencias das Entidades Locais atópase a de prestar os servizos derivados da xestión dos residuos domésticos xerados nos fogares, comercios e servizos na forma que se estableza nas respectivas ordenanzas.

A Federación Española de Municipios e Provincias, en colaboración con Ecoembes, ven de publicar unha Ordenanza tipo e un Prego de prescricións técnicas sobre a xestión de residuos de competencia local para que sirvan de modelo e guía ás entidades locais á hora de adaptar as súas ordenanzas ou no momento de adxudicar novos contratos de xestión destes residuos.

 

Documento/s relacionados
  • Modelo de Ordenanza Marco de recollida de residuos Descargar
  • Modelo de Prego de prescricións técnicas de recollida de residuos Descargar