CMAOT

CMATI

|
|
|
Compartir

Libro de rexistro telemático

A través do libro de rexistro telemático do SIRGa pode levar o arquivo cronolóxico esixido pola normativa en vigor e obter vantaxes no control e rastrexabilidade dos seus residuos.

O artigo 40 da Lei 22/2011, do 28 de xullo, de residuos e solos contaminados obriga a todas as persoas físicas e xurídicas rexistradas a dispor dun arquivo físico ou telemático onde se recolla por orde cronolóxico a cantidade, natureza, orixe, destino e método de tratamento dos residuos.

Por outra banda o Decreto 59/2009, do 26 de febreiro, polo que se regula a rastrexabilidade dos residuos obriga a manter o libro de rexistro utilizando as aplicacións informáticas dispoñibles no SIRGa aos:

  • Produtores de residuos perigosos que xeren máis de 10 t/ano.
  • Produtores de residuos non perigosos que xeren máis de 1.000 t/ano.
  • Xestores de residuos perigosos.
  • Xestores de residuos non perigosos que realicen a actividade de eliminación en vertedoiro.

Coa utilización do libro de rexistro telemático do SIRGa, ademais de cumprir coas obrigas legais, poderá realizar as seguintes accións que mellorarán a calidade e o control da información de residuos na súa empresa:

  • Realizar informes de entradas e saídas de residuos.
  • Exportar a un arquivo Excel a información sobre as entradas e saídas de residuos para poder realizar as gráficas de evolución que considere necesarias para analizar a xeración ou a xestión de residuos na súa empresa ao longo do tempo.
  • Axilizar o cumprimento, de ser o caso, da memoria anual de residuos.
  • Cotexar co xestor de destino o envío de residuos no caso de que o mesmo utilice a citada aplicación.
Ligazon/s relacionadas